Mar Pereira destaca que Galicia conta cos medios e recursos necesarios para facer do sector tecnolóxico o motor de especialización da economía

Mar Pereira destaca que Galicia conta cos medios e recursos necesarios para facer do sector tecnolóxico o motor de especialización da economía

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, destacou esta mañá o compromiso da Xunta, as Universidades, os centros tecnolóxicos e o Clúster TIC para situar a Galicia como rexión de referencia no ámbito tecnolóxico. Un compromiso que se reflicte, sinalou, na participación destes axentes no Programa Transformatic da Xunta.

Cultura e Educación pon en marcha a quinta edición do programa ‘Navega con rumbo’ para guiar aos mozos e mozas no uso seguro e responsable da internet

Cultura e Educación pon en marcha a quinta edición do programa ‘Navega con rumbo’ para guiar aos mozos e mozas no uso seguro e responsable da internet

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) vai poñer en marcha, por quinto ano consecutivo, o programa ‘Navega con Rumbo’, enmarcado dentro do proxecto Abalar, e que ten por obxecto concienciar aos escolares galegos no uso responsable da Internet.

A Xunta conmemora o Día Internacional da Muller Rural cunha xornada para pór en valor o emprendemento destas mulleres

A Xunta conmemora o Día Internacional da Muller Rural cunha xornada para pór en valor o emprendemento destas mulleres

A Xunta conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller Rural coa celebración dunha xornada destinada a por en valor o emprendemento feminino no medio rural e detectar os principais obstáculos das mulleres á hora de iniciar unha aventura empresarial.

Esta mañá inaugurouse na Escola Galega de Administración Pública (Egap) o l Encontro de intercambio de experiencias entre profesionais, unha iniciativa organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade baixo o título de ‘A muller rural. Os retos: emprendemento, conciliación e corresponsabilidade’.

Galicia pon en marcha a presentación telemática de escritos e demandas a través de Lexnet

Galicia pon en marcha a presentación telemática de escritos e demandas a través de Lexnet

Os avogados, procuradores e outros axentes xurídicos da Comunidade poderán presentar demandas de xeito electrónico ou incorporar documentación a un procedemento en marcha a través do sistema Lexnet. A Xunta porá en marcha a primeiros de novembro esta nova funcionalidade en órganos xudiciais das provincias de A Coruña e Pontevedra e implantarase de xeito progresivo en Ourense e Lugo.

A Amtega convoca o primeiro concurso `Faite Dixit@l` de aplicacións para móbiles

A Amtega convoca o primeiro concurso `Faite Dixit@l` de aplicacións para móbiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración de Fundetec, convoca o "Primeiro Concurso 'Faite Dixit@l!' de Aplicacións para Móbil”. O certame, que se enmarca dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica Faite Dixit@l, busca recoñecer a creatividade na elaboración de ferramentas tecnolóxicas que melloren a dispoñibilidade de recursos para a cidadanía e fomentar o uso da tecnoloxía de código aberto.

A Amtega amplía ata 30 de novembro o prazo para inscribirse no concurso ‘Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato

A Amtega amplía ata 30 de novembro o prazo para inscribirse no concurso ‘Curtas co móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) amplía ata o 30 de novembro o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. O formulario online está dispoñible no blog.adg2020.es/. “Curtas co Móbil” é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.

Unha sesión demostradora do CDTIC abordará as últimas innovacións enerxéticas e tecnolóxicas nas estacións de servizo

Unha sesión demostradora do CDTIC abordará as últimas innovacións enerxéticas e tecnolóxicas nas estacións de servizo

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá o 22 de outubro a sesión “Encontro aberto de actualidade enerxética e tecnolóxica nas estacións de servizo” (https://cdtic.xunta.es/estacions-servizo) que se impartirá en horario de 16.15 a 20.00 horas.

A Consellería de Cultura e Educación pon ao dispor dos usuarios das bibliotecas públicas máis de 1.700 títulos en formato electrónico a través de GaliciaLe

A Consellería de Cultura e Educación pon ao dispor dos usuarios das bibliotecas públicas máis de 1.700 títulos en formato electrónico a través de GaliciaLe

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, referiuse hoxe ao novo servizo en liña da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia GaliciaLe como “un fito na accesibilidade da cidadanía aos recursos culturais, de forma totalmente gratuíta”.

A iniciativa “Faite Dixit@l” da Amtega abre un ciclo de faladoiros dixitais sobre tecnoloxía e sociedade da información

A iniciativa “Faite Dixit@l” da Amtega abre un ciclo de faladoiros dixitais sobre tecnoloxía e sociedade da información

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, celebrará cinco Faladoiros Dixitais entre o o 28 de outubro e o 10 de decembro, dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica “Faite Dixti@al!, que ambas entidades desenvolven desde o pasado mes de setembro.

Conde salienta na Noite das Telecomunicacións o papel clave das TIC para impulsar a competitividade das empresas do sector sanitario

Conde salienta na Noite das Telecomunicacións o papel clave das TIC para impulsar a competitividade das empresas do sector sanitario

 O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe, durante a Noite das Telecomunicacións de Galicia, o papel clave das tecnoloxías da información e das comunicacións para impulsar a competitividade das empresas galegas do sector sanitario. Conde participou no evento anual organizado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, que se desenvolveu no Gran Hotel da Toxa, e dedicado nesta edición á relación entre sociedade dixital e saúde e que premiou a Gil Bernárdez Matovelle como enxeñeiro do ano.