A demanda de profesionais dixitais supera as vocacións TIC dos alumnos galegos

A demanda de profesionais dixitais supera as vocacións TIC dos alumnos galegos

No próximos cinco anos, o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC. Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.

A directora da Amtega subliña que o obxectivo do Plan de Goberno dixital 2020 é conseguir unha Administración con menos papel e máis cerca do cidadán

A directora da Amtega subliña que o obxectivo do Plan de Goberno dixital 2020 é conseguir unha Administración con menos papel e máis cerca do cidadán

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou hoxe que o obxectivo do Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 é conseguir unha administración con menos papel e máis preto do cidadán. A responsable da área tecnolóxica da Xunta inaugurou en Santiago o Seminario “A Transformación Dixital en Galicia”, organizado Socinfo, e no que interviñeron a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, e o director xeral de Función Pública, José María Barreiro.

A Xunta e Fegamp colaboran para achegar a capacitación dixital a todos os galegos a través da Rede CeMIT

A Xunta e Fegamp colaboran para achegar a capacitación dixital a todos os galegos a través da Rede CeMIT

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) colaborarán de novo en 2016 para garantir que a capacitación dixital chegue a todos os galegos a través das actividades que desenvolve a Rede de aulas CeMIT.

Así se recolle no convenio asinado esta mañá polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios (Fegamp) Alfredo L. García.

A Xunta iniciará en febreiro a pilotaxe do visor do expediente xudicial electrónico

A Xunta iniciará en febreiro a pilotaxe do visor do expediente xudicial electrónico

O vindeiro mes de febreiro iniciarase a pilotaxe do visor do expediente xudicial electrónico, a solución multidispositivo que permitirá aos profesionais da Administración de Xustiza o acceso e consulta dos expedientes electrónicos.

As contas da Secretaría Xeral da Emigración nas redes sociais creceron un 46% en 2015, ata acadar os 15.000 seguidores

As contas da Secretaría Xeral da Emigración nas redes sociais creceron un 46% en 2015, ata acadar os 15.000 seguidores

O número de usuarios agregados ao perfil da Secretaría Xeral da Emigración no Facebook incrementouse un 61’78% ao longo do pasado ano 2015, de maneira que os adheridos á páxina institucional na principal malla social na Rede pasou de 7.096 a 11.403. O crecemento experimentado no Twitter foi tamén significativo, de maneira que @galiciaaberta pasou dos 2.929 followers a 3.284, un 12’3% máis. En total, entre ambas redes, pasouse dos 10.025 aos 14.687 seguidores, o que supón un incremento do 46’5 por cento global.

A Xunta e Everis realizarán un estudo entre alumnos de secundaria e Bacharelato para coñecer a situación das vocacións tecnolóxicas en Galicia

A Xunta e Everis realizarán un estudo entre alumnos de secundaria e Bacharelato para coñecer a situación das vocacións tecnolóxicas en Galicia

Coñecer as causas da baixa porcentaxe de matriculados en estudos tecnolóxicos en Galicia e poder abordar medidas que axuden a difundir as saídas laborais destas carreiras son os obxectivos do convenio asinado esta mañá entre o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o responsable de Everis en Galicia, Jesús Lage.

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia fan balance da Rede Emprende en Igualdade

A Xunta e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia fan balance da Rede Emprende en Igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella mantivo hoxe unha reunión co presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, onde fixeron balance da Rede Emprende posta en marcha no ano 2013,e que conta coa colaboración do CPEIG e da Amtega coa posta a disposición da súa rede de aulas CEMIT.

A Xunta celebra o regulamento do mercado único aprobado polo Parlamento Europeo

A Xunta celebra o regulamento do mercado único aprobado polo Parlamento Europeo

A Xunta de Galicia valora positivamente a nova normativa aprobada polo Parlamento Europeo, que regula o mercado único do sector das telecomunicacións. Así o sinalou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a súa comparecencia na Comisión Comisión 6 ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia.