Mar Pereira sinala que o reto do goberno galego para 2020 é consolidar os servizos electrónicos postos en marcha e acadar unha administración que funcione integramente de xeito dixital

Mar Pereira sinala que o reto do goberno galego para 2020 é consolidar os servizos electrónicos postos en marcha e acadar unha administración que funcione integramente de xeito dixital

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou que a prioridade do Goberno galego na modernización da Administración para 2020 “é culminar o traballo realizado nos últimos catro anos, consolidando os servizos electrónicos postos en marcha e conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital”. Un obxectivo cunha folla de ruta aprobada en marzo deste ano, o Plan de Administración e Goberno Dixital 2020.

Feijóo avanza que o Consello da Xunta aprobará nas vindeiras semanas o Plan de banda larga 2020

Feijóo avanza que o Consello da Xunta aprobará nas vindeiras semanas o Plan de banda larga 2020

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta aprobará nas vindeiras semanas o Plan de banda larga 2020, que “trazará o mapa das novas redes de telecomunicación, arterias da economía galega do futuro”.

Este documento, que supón continuar e actualizar o Plan de banda larga 2013, ten como obxectivo que, para o final desta década, o 100% dos galegos teña cobertura de Internet de 30 Mbps e que un de cada dous fogares galegos teña servizos de banda larga de máis de 100 Mbps.

Xunta e Telefónica destacan o talento das startups que participan na II edición de Galicia Open Future

Xunta e Telefónica destacan o talento das startups que participan na II edición de Galicia Open Future

Responsables da Xunta e Telefónica coñeceron hoxe as preto de 50 iniciativas empresarias que participan a II edición de Galicia Open Future (GOF), o centro de emprendemento galego posto en marcha polo operador, en colaboración coa Administración autonómica, na Cidade da Cultura.

A Xunta aproba o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 co fin de que todos os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións

A Xunta aproba o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 co fin de que todos os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Consello aprobou o Plan de Banda Larga de Galicia 2020 para que os galegos teñan acceso equitativo a redes ultrarrápidas de telecomunicacións, capaces de proporcionar servizos de entre 30 e 100 megas. Segundo engadiu, trátase de garantir aos cidadáns, emprendedores e administracións os servizos máis avanzados que permiten as tecnoloxías.

A Xunta destaca a necesidade de garantir os máximos estándares de seguridade na Administración electrónica

A Xunta destaca a necesidade de garantir os máximos estándares de seguridade na Administración electrónica

O vicepresidente, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a quinta edición da Xornada de Informática Xudicial, onde destacou a necesidade de que o importante impulso que se lle está dando á administración electrónica leve aparellado “os máximos estándares de seguridade”.

Segundo explicou o vicepresidente, imos cara a un modelo no que as comunicacións coa cidadanía e as empresas coa administración canalízanse na súa totalidade a través de sedes, rexistros e sistemas de contratación electrónicos.

O Goberno galego recoñece cinco proxectos innovadores desenvolvidos por alumnos e alumnas de FP no marco do programa ‘Eduemprende Idea 2015’

O Goberno galego recoñece cinco proxectos innovadores desenvolvidos por alumnos e alumnas de FP no marco do programa ‘Eduemprende Idea 2015’

A Xunta de Galicia vén de galardoar cinco proxectos empresariais deseñados por alumnos e alumnas de Formación Profesional, no marco do ‘Eduemprende Idea 2015’, unha iniciativa posta en marcha polas Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Economía, Emprego e Industria, co fin de impulsar e apoiar o espírito emprendedor entre o estudantado galego.

Mar Pereira sinala que Galicia conta cunha administracíón comprometida e un sector TIC capaz para afrontar os desafios da economía dixital

Mar Pereira sinala que Galicia conta cunha administracíón comprometida e un sector TIC capaz para afrontar os desafios da economía dixital

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou esta mañá en Santiago que os cambios económico-sociais e as novas tendencias tecnolóxicas requiren un salto cualitativo na utilización das TIC para contribuír ao crecemento na Comunidade. Incidiu en que é o momento de avanzar un paso máis na mellora do benestar dos cidadáns, potenciando o uso da tecnoloxía para ofrecerlles servizos que respondan mellor ás súas demandas e que se adianten ás novas tendencias económicas e sociais.

A Xunta destaca a importancia da entrada en vigor hoxe da Lei do estatuto da vítima do delito

A Xunta destaca a importancia da entrada en vigor hoxe da Lei do estatuto da vítima do delito

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia da entrada en vigor hoxe mesmo da Lei do Estatuto da Vítima do delito, e afirmou que é unha das Leis de maior calado para a sociedade española na que se achegan as ferramentas que as vítimas demandan e merecen.

O Concello de Padrón, en colaboración coa Amtega, celebra un Hackatón solidario para adaptar os computadores da aula CeMIT ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

O Concello de Padrón, en colaboración coa Amtega, celebra un Hackatón solidario para adaptar os computadores da aula CeMIT ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, visitaron hoxe o I Hackatón Solidario “Intro para todos” que busca mellorar a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.

A Xunta incrementará un 14% o investimento en tecnoloxía en 2016 para promover un crecemento dixital inclusivo en Galicia

A Xunta incrementará un 14% o investimento en tecnoloxía en 2016 para promover un crecemento dixital inclusivo en Galicia

O vindeiro ano a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incrementará en máis dun 14% o investimento en tecnoloxía, destinando 65,5 millóns de euros a desenvolver iniciativas das cinco liñas estratéxicas da Axenda Dixital 2020. Así o indicou a directora do departamento autonómico, Mar Pereira, durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar as contas da Axencia para 2016.