O vindeiro 25 novembro o Centro Demostrador TIC da Amtega abordará as vantaxes que as tecnoloxías en mobilidade achegan ás empresas
O vindeiro 25 novembro o Centro Demostrador TIC da Amtega abordará as vantaxes que as tecnoloxías en mobilidade achegan ás empresas
O Centro Demostrador TIC, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster TIC, organiza o día 25 de novembro nas súas instalacións a xornada “Smartpeme, peme móbil e conectada” (https://cdtic.xunta.es/xornada-mobilidade). O número de prazas é limitado, polo que para asistir é preciso inscribirse a través da páxina web do CDTIC https://cdtic.xunta.es/xornada-mobilidade.