Red.es publica a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas, que dotará a 820 centros educativos públicos galegos de conexións de máis de 100 Mbps a finais de 2017
Red.es publica a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas, que dotará a 820 centros educativos públicos galegos de conexións de máis de 100 Mbps a finais de 2017
A entidade pública estatal Red.es vén de facer pública a adxudicación da iniciativa Escolas Conectadas para Galicia, que permitirá dotar de conexións ultrarrápidas a 820 centros educativos públicos. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que ao remate de 2017, o 100% dos centros públicos de primaria e secundaria da Comunidade, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas.