A Delegación de Xunta en Ourense conta xa cun Rexistro dixital
A Delegación de Xunta en Ourense conta xa cun Rexistro dixital
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Vicepresidencia da Xunta, vén de completar a dixitalización da oficina de Rexistro na Delegación da Xunta en Ourense. Esta iniciativa, que comezou o pasado ano no Rexistro Xeral en Santiago, continuará estendéndose de xeito progresivo ata chegar ás 533 oficinas da administración autonómica e das entidades locais que integran o Sistema Único de Rexistro.