A Amtega e o CPEIG lanzan rapacinos.gal para difundir o uso seguro das tecnoloxía e as profesións dixitais entre os máis novos

A Amtega e o CPEIG lanzan rapacinos.gal para difundir o uso seguro das tecnoloxía e as profesións dixitais entre os máis novos

A iniciativa “Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura”, impulsada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para achegar as tecnoloxías da información a nenas e nenos, estrea unha nova web: www.rapacinos.gal e www.rapacinas.gal.

A App do Sergas para guíar aos pacientes polos centros sanitarios, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta

A App do Sergas para guíar aos pacientes polos centros sanitarios, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta

O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Deste xeito, a través dunha aplicación (app) móbil, os pacientes poderán orientarse dentro do Hospital Lucus Augusti e do Hospital Álvaro Cunqueiro do mesmo xeito que habitualmente se utiliza en exteriores mediante o sistema GPS.

A Amtega e os cluster TIC e do audiovisual galego abren o prazo de inscrición en “Dico Summit 2017”, o primeiro encontro internacional sobre contidos dixitais

A Amtega e os cluster TIC e do audiovisual galego abren o prazo de inscrición en “Dico Summit 2017”, o primeiro encontro internacional sobre contidos dixitais

A inscrición ao evento DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, xa está aberta desde hoxe a través do enlace http://dicosummit.eventbrite.com.

Os galegos xa poden solicitar á Xunta á recepción de notificacións en formato electrónico

Os galegos xa poden solicitar á Xunta á recepción de notificacións en formato electrónico

A Xunta de Galicia pon á disposición dos cidadáns o sistema de notificacións electrónicas Notific@, que permite o envío de notificacións fidedignas con acuse de recibo e selo electrónico da Xunta, que confirma tanto o acceso como o rexeitamento da notificación.

Catro especialistas internacionais en animación, videoxogos e realidade virtual achegarán a Galicia o futuro dos contidos dixitais no “DICO Summit 2017”

Catro especialistas internacionais en animación, videoxogos e realidade virtual achegarán a Galicia o futuro dos contidos dixitais no “DICO Summit 2017”

Os interesados en coñecer as últimas novidades da animación, os videoxogos e as aplicacións actuais e futuras da Realidade Aumentada e da Realidade Virtual teñen unha cita o 24 de xaneiro no DICO Summit 2017. Catro especialistas de recoñecido prestixio nestas áreas participan ese día no panel “Os contidos dixitais gañan a partida”.

O encontro “DICO Summit 2017” premiará a creatividade dos máis novos co concurso de ideas “na busca do talento dixital”

O encontro “DICO Summit 2017” premiará a creatividade dos máis novos co concurso de ideas “na busca do talento dixital”

O encontro DICO Summit 2017 premiará a creatividade e a orixinalidade de propostas de novos produtos e servizos vinculados aos contidos dixitais co concurso de ideas “Na busca do talento dixital”. Está dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos, na categoría de “mozo adulto”, e a rapaces de entre 14 e 18 anos na categoría de “mozo”.

As grandes multinacionais tecnolóxicas Nokia, Techinicolor e Nagra expoñen no “DICO Summit 2017” a súa experiencia no sector dos contidos dixitais

As grandes multinacionais tecnolóxicas Nokia, Techinicolor e Nagra expoñen no “DICO Summit 2017” a súa experiencia no sector dos contidos dixitais

Representantes de Nokia, Nagra e Technicolor mostrarán os alicerces sobre os que se asentan os novos contidos dixitais e que tecnoloxías sustentan a súa comercialización, distribución e protección no panel  "Construíndo a base para os contidos dixitais do futuro". Esta mesa celebrarase o 24 de xaneiro durante a primeira xornada do evento internacional DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) o  Clúster TIC Galicia e o Clúster Audiovisual Galego (CLAG).

Operadores, medios e novas plataformas de televisión debaten no “DICO Summit 2017” sobre as novas formas consumo e distribución dos contidos

Operadores, medios e novas plataformas de televisión debaten no “DICO Summit 2017” sobre as novas formas consumo e distribución dos contidos

O mercado dos contidos dixitais ofrece novos modelos de negocio, novas formas de distribuír e consumir. Un amplo abano de desafíos e de oportunidades que implica a operadores de telecomunicacións, canles e grupos de comunicación e plataformas de distribución. Unha destacada  representación destes axentes da man de Vodafone, Orange, Euskaltel, Andorra Telecom, PRISA INN, Wuaki TV e RTVE  abordarán estas cuestións no panel “Novas Plataformas e Medios”, que se celebrará durante a primeira xornada do DICO Summit, o vindeiro 24 de xaneiro.

O impacto dos contidos dixitais en diferentes sectores produtivos centrarán a segunda xornada do “DICO Summit 2017”

O impacto dos contidos dixitais en diferentes sectores produtivos centrarán a segunda xornada do “DICO Summit 2017”

A segunda xornada do DICO Summit 2017, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), o Clúster TIC e o Clúster do Audiovisual Galego (CLAG), centrarase no impacto dos contidos dixitais noutros sectores económicos e nos negocios dixitais. A través de diferentes casos de éxito en ámbitos tan dispares como a téxtil, a acuicultura, a alimentación ou a saúde, a educación ou o turismo porase de manifesto que a nova economía tamén é dixital.

Exemplos de economía dixital

O Centro Demostrador TIC da Amtega organiza o 2 de febreiro unha xornada formativa sobre as vantaxes de usar Facebook nun negocio

O Centro Demostrador TIC da Amtega organiza o 2 de febreiro unha xornada formativa sobre as vantaxes de usar Facebook nun negocio

O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza o día 2 de febreiro a actividade formativa “Descubre as vantaxes que Facebook pode achegar ao teu negocio” (https://cdtic.xunta.gal/rrss-facebook), que se levará a cabo nas súas instalacións en horario de 16.00 a 19.00 horas.