As pemes e as grandes empresas galegas sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos da administración electrónica

As pemes e as grandes empresas galegas sitúanse á cabeza do Estado no acceso a servizos da administración electrónica

As empresas galegas de 10 ou máis asalariados sitúanse á cabeza no ranking de Comunidades Autónomas na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet. Ademais, o segmento das microempresas experimentou un incremento de preto dun 9% na contratación de Internet e de máis dun 7% da banda larga móbil no último ano.

Conde sinala en Monforte a importancia de apostar polos profesionais en tecnoloxías dixitais para competir no mercado internacional

Conde sinala en Monforte a importancia de apostar polos profesionais en tecnoloxías dixitais para competir no mercado internacional

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe, con motivo da inauguración do curso escolar, aos alumnos e alumnas do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos, un centro punteiro con titulacións cun compoñente tecnolóxico importante.

A Xunta prorroga o contrato do servizo de telecomunicacións conseguindo melloras por importe de 7 millóns de euros

A Xunta prorroga o contrato do servizo de telecomunicacións conseguindo melloras por importe de 7 millóns de euros

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de prorrogar o contrato dos servizos de telecomunicacións por un prazo de dous anos, a partir de marzo de 2018, no que os operadores adxudicatarios investirán ata 7 millóns de euros en diferentes melloras nos servizos de internet, telefonía fixa e móbil de centros públicos dependentes da Administración autonómica. 

Ciberseguridade e intelixencia artificial centran a VII Xornada de Informática Xudicial, organizada polo CPETIG e a Amtega

Ciberseguridade e intelixencia artificial centran a VII Xornada de Informática Xudicial, organizada polo CPETIG e a Amtega

A intelixencia artificial e a ciberseguridade serán o fío condutor do programa da VII Xornada de Informática Xudicial que terá lugar o vindeiro 4 de outubro na Cidade da Cultura, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega.

A Amtega e o CPEIG organizan a “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”

A Amtega e o CPEIG organizan a “Xornada sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), abren a inscrición á “Xornada  sobre a adaptación da Lei de Protección de Datos ao Regulamento Europeo”, que contará cos relatores Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), e Mar España Martí, directora da Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Trinta profesionais asisten ao curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade, organizado polo CPETIG e a Amtega

Trinta profesionais asisten ao curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade, organizado polo CPETIG e a Amtega

Un grupo de 30 profesionais asistirá a partir de mañá ao curso de auditoría no Esquema Nacional de Seguridade, ENS, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Amtega.

A Xunta salienta que case 40.000 menores de 19 anos dispoñen da tarxeta Xente Nova coa que realizaron 1,6 millóns de viaxes gratuítas no transporte metropolitano interurbano no último ano

A Xunta salienta que case 40.000 menores de 19 anos dispoñen da tarxeta Xente Nova coa que realizaron 1,6 millóns de viaxes gratuítas no transporte metropolitano interurbano no último ano

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto do director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, presentaron hoxe a nova aplicación para a mellora da utilización do Plan de transporte metropolitano, cuxo programa Xente Nova xa beneficia a case 40.000 menores de 19 anos que realizaron 1,6 millóns de viaxes gratuítas no transporte metropolitano interurbano no último ano.

O Instituto Galego do Consumo pon en marcha unha nova edición do ciclo “Educación para o consumo responsable” a través da rede CeMIT da Amtega

O Instituto Galego do Consumo pon en marcha unha nova edición do ciclo “Educación para o consumo responsable” a través da rede CeMIT da Amtega

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia, a través da Escola Galega de Consumo, pon en marcha en outubro a iniciativa “Educación para o consumo responsable CORES”, un ciclo de charlas informativas, que se retransmitirán por videoconferencia en aulas da rede CeMIT, dependente da  Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Amtega e a AETG organizan unha xornada sobre as obrigas normativas do Fogar Dixital en Galicia para concellos e promotores

A Amtega e a AETG organizan unha xornada sobre as obrigas normativas do Fogar Dixital en Galicia para concellos e promotores

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Axencia de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan o día 17 de outubro a xornada de presentación da “Guía técnica e Proxecto Tipo de Infraestruturas de Fogar Dixital (IFD)”, que se retransmitirá dende as instalacións do Centro Demostrador TIC Galicia, en Santiago de Compostela, e poderase seguir a través de videoconferencia nas aulas CeMIT de diversas localidades de Galicia en horario de 10.00 a 12.00 h.

A Xunta destina 155.300 euros na modernización e mellora da imaxe do comercio de proximidade do Salnés

A Xunta destina 155.300 euros na modernización e mellora da imaxe do comercio de proximidade do Salnés

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou apoios por preto de 155.300 euros para 19 negocios da comarca do Salnés que poderán así reformar ou acondicionar os seus locais, ou buscar asesoramento dun xestor de redes.