Os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital terán á súa disposición un novo servizo de atención para resolver dúbidas e incidencias
Os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital terán á súa disposición un novo servizo de atención para resolver dúbidas e incidencias
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe o novo servizo de atención para os alumnos, familias e docentes usuarios do libro dixital, que permitirá resolver dúbidas e incidencias tanto de xeito remoto como presencial.
O servizo está dispoñible de xeito remoto a través do teléfono e internet, dispoñible 24 horas e 7 días á semana; e de xeito presencial a través de puntos físicos de atención ou no domicilio do usuario en caso de que a incidencia o requira. O valor do contrato deste servizo é de 2,2 millóns de euros cada dous anos.