Kronos: a acreditación dixital

O proxecto Kronos proporciona unha acreditación dixital tanto aos empregados públicos da Administración xeral de Galicia como dos empregados públicos da Administración de Xustiza de Galicia.

Esta acreditación dota a persoa usuaria de:

Certificado dixital de empregado público Tarxeta intelixente que inclúe as funcionalidades de identificación física e o chip de radiofrecuencia (o chip de radiofrecuencia emprégase para ter acceso ás distintas áreas do centro de traballo)

A celebración da vista do Prestige

O 16 de outubro de 2012 iniciouse no recinto feiral ExpoCoruña a celebración da vista do macroxuízo do caso Prestige, a maior causa xamais instruída en España por un delito medioambiental, o petroleiro afundido fronte á Costa da Morte o 19 de novembro de 2002 con 77 000 toneladas de fuel a bordo, causando unha marea negra que chegou ata as costas galegas, asturianas, cántabras e francesas.

Plan inclusión dixital 2020 - Obxectivos

O Plan de Inclusión Dixital, non só continuará traballando na redución da primeira fenda dixital, a do acceso, senón que tamén dotará á sociedade galega das capacidades parasalvar unha segunda fenda dixital, a relacionada coas habilidades dixitais necesarias para facer pleno uso das TIC e aumentar a súa empregabilidade, a inserción social e a innovación social dixital.

Así, en termos cuantitativos o Plan fixa para 2020 os seguintes obxectivos:

Plan de inclusión dixital 2020 - Modelo de participación e colaboración

O Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020 porase en marcha grazas á cooperación, á implicación e á participación dos axentes do ecosistema dixitalagregaranse capacidades, recursos e iniciativas, que permitirán xerar sinerxías e conseguir un efecto multiplicador para acadar unha maior chegada ao territorio e, en definitiva, á cidadanía.

Plan de Banda Larga 2020 - Obxectivos

O Goberno galego a través do Plan de Banda Larga de Galicia 2020 persigue uns ambiciosos obxectivos en materia de banda larga co fin de contribuír á aplicación das políticas tecnolóxicas definidas na Axenda Dixital de Galicia 2020.

Indicadores

O Plan de Banda Larga 2020 asume un marco temporal de cinco anos, período durante o cal se irán desenvolvendo en paralelo os diferentes itinerarios e rutas de acción definidas, ata acadar os obxectivos establecidos de cobertura de banda larga ultrarrápida.

Neste senso, defínense os seguintes indicadores que servirán de base para a análise do avance e cumprimento dos fitos establecidos no Plan.

Oficina do Plan de Banda Larga

A Oficina do Plan de Banda Larga é un recurso posto en marcha pola Xunta de Galicia que conta cos seguintes servizos.

Oficina Concellos AETG

A Oficina Concellos AETG é un recurso posto en marcha no marco do Convenio de colaboración para o desenvolvemento da sociedade da información firmado entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG).

Despregamento de redes de banda larga ultrarrápida

A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2016 unha convocatoria de axudas ao operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps nos polígonos industriais que non contan con cobertura nin previsión de tela.

Estes despregamentos contarán cunha inversión pública de 3,4 millóns de euros no período 2016-2018 e xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros.

Plan Trabe: modernización tecnolóxica dos servizos sociais

O Consello da Xunta aprobou no mes de abril de 2013 o Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais. Dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións de máis de 1,6 millóns de galegos.