O programa de Formación en Competencias Dixitais Intermedias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia leva impartidas máis de 500.000 horas desde outubro
O programa de Formación en Competencias Dixitais Intermedias da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia leva impartidas máis de 500.000 horas desde outubro
O proxecto Formación Dixital, lanzado o pasado mes de outubro pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) acumula máis de 500.000 horas impartidas e suma máis de 2.000 participantes. O curso 100% en liña, gratuíto e titorizado, serve, ademais, como base para preparar a Certificación Galega en Competencias Dixitais (ComDix).