Os polígonos industriais de Vimianzo, Sada e Ponteceso xa dispoñen de acceso a internet de ata 350 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta
As empresas destes recintos poden acceder tamén a servizos de valor engadido para facilitar a súa transformación dixital
O operador R, adxudicatario desta primeira actuación do Plan impulsado pola Amtega, xa activou este servizo noutras 14 superficies empresariais da provincia
Ao longo deste ano facilitarase o acceso a redes ultrarrápidas a outros 3 polígonos máis da provincia