Proxectos Europeos
Os Proxectos Europeos nos que participa a Amtega son:
Os Proxectos Europeos nos que participa a Amtega son:
Plans de acción
Memorias de actividades
Plans e programas anuais/plurianuais
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia, constituída con data 9 de marzo de 2012, publica o contrato de xestión que recolle os compromisos para a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no eido das tecnoloxías da información e comunicacións e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
O Plan de Banda Larga 2020, aprobado o día 1 de outubro de 2015 en Consello de Xunta, asume os obxectivos establecido na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 30Mbps para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga de máis de 100Mbps.
A Xunta de Galicia, no marco do Plan de Banda Larga 2020, concedeu en xullo de 2016 unha convocatoria de axudas ao operador R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A destinada a despregar redes de banda larga ultrarrápida de máis de 100Mbps nos polígonos industriais que dispoñían de cobertura nin previsión de tela.
Estes despregamentos contaron cunha inversión pública de 3,4 millóns de euros no período 2016-2018 xerando un investimento total de 5,2 millóns de euros.
Para máis información sobre o Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, así como calquera aclaración ou consulta de temas relacionados, ponse a disposición un punto principal de atención que é a Oficina do Plan Banda Larga.
Queres formarte nas TIC? Aproveita os cursos, actividades ou workshops que poñemos á túa disposición, acredita os teus coñecementos e competencias en ofimática a través do CoDIX, ou coñece as novas profesións da era dixital.
Tes unha empresa? Es autónomo?
Que precisas? Equipamento?, Ferramentas?, Servizos....?
Atopa os recursos que tes a túa disposición para facilitar o desenvolvemento das túas actividades profesionais!
Aquí atoparás información sobre todas as xestións e trámites administrativos que podes facer coa Xunta de Galicia e todos os servizos dixitais dispoñibles.
Saes hoxe? Queres mellorar o teu estado de forma? Atopa na Axenda cultural toda a información sobre cinema, teatro, concertos e espectáculos. Consulta todos os recursos que poñemos á túa disposición para o teu tempo de lecer.