A Xunta investiu preto de 5 millóns de euros no período 2009-2010 na mellora de servizos, equipamentos e infraestruturas tecnolóxicas do ámbito xudicial galego

A Xunta investiu preto de 5 millóns de euros no período 2009-2010 na mellora de servizos, equipamentos e infraestruturas tecnolóxicas do ámbito xudicial galego

O Goberno galego destinou máis de 4,8 millóns de euros entre 2009 e 2010 á modernizar a Xustiza desenvolvendo unha serie de actuacións orientadas a consolidar unha infraestrutura tecnolóxica e de servizos robusta e fiable que permita avanzar na integración das novas tecnoloxías no eido xudicial. Estas medidas enmárcanse no Plan Senda 2014 que establece a folla de ruta para implantar de xeito efectivo as TIC na Xustiza e que conta cun orzamento de 34 millóns de euros.

A Consellería do Mar distribúe máis de 200 tarxetas TICPESC a Amegrove para impulsar a trazabilidade dos produtos pesqueiros entre os bateeiros

A Consellería do Mar distribúe máis de 200 tarxetas TICPESC a Amegrove para impulsar a trazabilidade dos produtos pesqueiros entre os bateeiros

A Consellería do Mar distribuíu 234 tarxetas á cooperativa Amegrove para impulsar a trazabilidade dos produtos pesqueiros a través dos terminais TICPESC. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou hoxe o caixeiro do proxecto TICPESC no Grove e comprobou o seu funcionamento. Ademais deste porto contan cos terminais outros 5 portos, o de Bueu, o de Cedeira, o de Cariño, o de Cambados e o de Fisterra. Os TICPESC son terminais que permiten obter os documentos relacionados coa actividade diaria da pesca, da acuicultura e da primeira venda.

A Secretaría Xeral de Modernización expón os avances na integración das TIC no ámbito xudicial galego no II Foro nacional de Boas Prácticas sobre Xustiza e Tecnoloxía

A Secretaría Xeral de Modernización expón os avances na integración das TIC no ámbito xudicial galego no II Foro nacional de Boas Prácticas sobre Xustiza e Tecnoloxía

A Xunta de Galicia está a desenvolver un proceso de modernización tecnolóxica no ámbito xudicial no que é fundamental a coordinación de todos os actores implicados para garantir un funcionamento cohesionado dos distintos esquemas e aplicacións existentes. Para avanzar neste proceso a Administración Autonómica adheriuse en decembro 2009 ao Esquema Xudicial de Interorperabilidade e Seguridade (EJIS) que, entre outros aspectos, asegurará a compatibilidade dos sistemas de información entre Comunidades.

Feijóo subliña que o futuro de Galicia está garantido “no traballo, esforzo, enxeño e concentración” dos mozos como os formados na Fundación Averhó

Feijóo subliña que o futuro de Galicia está garantido “no traballo, esforzo, enxeño e concentración” dos mozos como os formados na Fundación Averhó

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosou, este mediodía, na Apertura de Curso 2011 e Entrega de Diplomas 2010 da Fundación Averhó, o seu convencemento de que o futuro de Galicia está garantido “no traballo, esforzo, enxeño e concentración” dos mozos como os formados nesta institución. “As circunstancias actuais dinnos que o futuro require de polo menos catro requisitos fundamentais: traballo, esforzo, enxeño e concentración.

O director xeral de Xustiza recalca a aposta do Goberno galego pola xustiza nun escenario de redución presupuestaria

O director xeral de Xustiza recalca a aposta do Goberno galego pola xustiza nun escenario de redución presupuestaria

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, recalcou hoxe na inauguración das Xornadas de Inverno da Asociación Xustiza e Sociedade de Galicia, a firme aposta do goberno galego pola administración de xustiza , xa que neste ano 2011 a Xunta incrementa nun 7% o orzamento en materia xudicial. Este reforzo orzamentario abarca tres grandes eixes de actuación, coma a Planta Xudicial, as infraestruturas e as novas tecnoloxías.

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu máis de 240.000 visitas o ano pasado, case un 10 por cento máis ca en 2009

O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu máis de 240.000 visitas o ano pasado, case un 10 por cento máis ca en 2009

O portal de Internet www.galiciaaberta.com, dependente da Secretaría Xeral da Emigración, recibiu ao longo do ano 2010 un total de 242.271 visitas, o que supón unha media mensual de 20.189, e diaria de case 664. Estes datos reflicten un aumento do 9’67 % respecto do ano 2009, pois daquela se recibiran algo máis de 220.000 visitas.

A Secretaría Xeral de Modernización implanta en 90 centros educativos a tecnoloxía de acceso a internet máis punteira con velocidades de 100 mbps

A Secretaría Xeral de Modernización implanta en 90 centros educativos a tecnoloxía de acceso a internet máis punteira con velocidades de 100 mbps

A Secretaría Xeral de Modernización vén de completar a implantación de redes de 100 Mbps de velocidade nun total de 90 centros educativos das catro provincias galegas. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilitará, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas.

Modernización pon a disposición da cidadanía un repositorio sobre Software Libre con máis de 80 documentos e 100 vídeos en formatos abertos

Modernización pon a disposición da cidadanía un repositorio sobre Software Libre con máis de 80 documentos e 100 vídeos en formatos abertos

A Secretaría Xeral de Modernización pon a disposición da cidadanía galega o Repositorio documental sobre Software Libre co obxectivo de facilitar o acceso a material formativo e de difusión neste ámbito baixo formatos abertos e licenzas libres. Esta concibido como un servizo vivo que irá incorporando os documentos relacionados con FLOSS xerados pola comunidade de axentes do software libre de Galicia.

A Oficina Agraria Virtual rexistrou máis de trinta mil nacementos de gando bovino desde a súa posta en marcha

A Oficina Agraria Virtual rexistrou máis de trinta mil nacementos de gando bovino desde a súa posta en marcha

A posta en marcha da Oficina Agraria Virtual (OAV) por parte da Consellería do Medio Rural supón un importante avance nas relacións entre a Administración e os gandeiros. Este instrumento, en combinación co Servizo de Atención Telefónica á Cidadanía (012) que ofrece a Xunta de Galicia, serve de vehículo no desenvolvemento do sistema de identificación e rexistro dos bovinos, ovinos e cabrúns, ademais de permitir aos cidadáns realizar diversos trámites relacionadas coa xestión das súas explotacións gandeiras.

O CPEIG e Secretaría Xeral de Modernización organizan unha xornada sobre o estado actual da sinatura electrónica con expertos de toda España

O CPEIG e Secretaría Xeral de Modernización organizan unha xornada sobre o estado actual da sinatura electrónica con expertos de toda España

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza a xornada Construíndo a Indentidade Dixital, que reunirá un amplo número de expertos para abordar a sinatura electrónica desde diferentes puntos de vista: os prestadores de servizos, a administración electrónica, os servizos de certificación dixital e a seguridade, entre outros.