No último mes un total de 1.200 usuarios utilizaron a aplicación ReDe para consultar a cobertura do plan de banda larga na súa poboación

No último mes un total de 1.200 usuarios utilizaron a aplicación ReDe para consultar a cobertura do plan de banda larga na súa poboación

Desde a súa posta en marcha o pasado 10 de xaneiro e ata o pasado día 15 de febreiro, un total de 1.200 usuarios consultaron a situación do Plan de Banda Larga no seu núcleo de poboación a través do Rexistro de Demandantes ReDe. Esta aplicación informática está dispoñible na páxina da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica http://imit.xunta.es.

A Egap publica gratis na internet unha nova tanda de temarios para os procesos selectivos da Xunta de Galicia

A Egap publica gratis na internet unha nova tanda de temarios para os procesos selectivos da Xunta de Galicia

A Escola Galega de Administración Pública continua ca publicación en Internet dos temarios para os procesos selectivos da Xunta e, tras a publicación dos correspondentes a axentes facultativos ambientais e legoeiros, acaba de publicar os de ordenanzas, celadores, vixilantes de oficinas, vixilantes nocturnos, subalternos, porteiros, recepcionistas, telefonistas, gardas e gardas xuramentados.

Sanidade pon á disposición da cidadanía un total de 15 servizos públicos en liña a través da súa páxina web

Sanidade pon á disposición da cidadanía un total de 15 servizos públicos en liña a través da súa páxina web

A Consellería de Sanidade pon actualmente a disposición da cidadanía galega un total de 15 servizos públicos sanitarios en liña para o cidadán. O obxectivo é ofrecer máis información á cidadanía e facilitar o acceso á información e ás prestacións ofrecidas polo Servizo Galego de Saúde de modo electrónico, así ao remate do 2008 había dez servizos dispoñibles, e a finais do pasado ano un total de 14 servizos.

A Xunta presenta as novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para vivir en galego

A Xunta presenta as novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles para vivir en galego

A lingua galega amplía a súa presenza no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación. Faino a través das versións dos últimos produtos tecnolóxicos para traballar e vivir en galego:Windows7, Office 2010, Dynamics CRM e Sharepoint.

O persoal da administración autonómica e os centros educativos dispoñen de novos servizos en liña para traballar en galego

O persoal da administración autonómica e os centros educativos dispoñen de novos servizos en liña para traballar en galego

A Xunta de Galicia pon a disposición do persoal e alumnado dos centros educativos e mais dos profesionais da Administración autonómica un novo servizo en liña para facilitar o uso do galego no seu traballo. Trátase dun sistema que permite consultar o dicionario de galego Digalego e a Enciclopedia Galega Universal (EGU), dúas ferramentas que ata o momento tiñan o acceso restrinxido, grazas á colaboración entre a Xunta e a empresa Ir Indo Edicións.

Persoas de todo o mundo poderán seguir mañá o acto de presentación das últimas ferramentas tecnolóxicas en galego

Persoas de todo o mundo poderán seguir mañá o acto de presentación das últimas ferramentas tecnolóxicas en galego

Persoas de todo o mundo poderán seguir mañá o acto de presentación das novas ferramentas tecnolóxicas dispoñibles en galego. Vía Lync, os internautas terán posibilidade de asistir de forma virtual ao evento no que a Xunta de Galicia dará a coñecer os últimos produtos de Microsoft en lingua galega. O seguimento do acto poderá realizarse mediante a conexión ao enderezo https://join.microsoft.com/meet/oscarmh/H18N830G.

Todos os empresarios asistentes á Xornada Empresas en Rede en Galicia consideran que o uso de tecnoloxía no seu negocio contribúe ao crecemento económico do seu sector

Todos os empresarios asistentes á Xornada Empresas en Rede en Galicia consideran que o uso de tecnoloxía no seu negocio contribúe ao crecemento económico do seu sector

Unha enquisa realizada nas 'Xornadas Empresas en Rede' en Santiago de Compostela revela que todos os empresarios do sector da venda, mantemento e reparación de vehículos de Galicia asistentes a esta sesión consideran que o uso de tecnoloxía no seu negocio contribúe ao seu crecemento económico.

Galicia incorpórase ao centro nacional de referencia de fomento do software libre

Galicia incorpórase ao centro nacional de referencia de fomento do software libre

Galicia incorporarase ao Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) CENATIC, que ten como obxectivo xeral “promover o coñecemento e difusión do software baseado en fontes abertas na Administración e nos diferentes sectores de actividade”. 
 

O presidente da Xunta subliña que a estensión do Proxecto Abalar permitirá duplicar o vindeiro curso o número de alumnos e de aulas que empregan ferramentas dixitais

O presidente da Xunta subliña que a estensión do Proxecto Abalar permitirá duplicar o vindeiro curso o número de alumnos e de aulas que empregan ferramentas dixitais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a estensión do Proxecto Abalar permitirá que o vindeiro curso se duplique o número de alumnos e de aulas que empregan ferramentas dixitais. Así o dixo o xefe do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que esta mañá deu luz verde ao acordo para ampliar o programa destinado a aplicar as novas tecnoloxías nas aulas.

Máis de 31.500 alumnos galegos veranse beneficiados, o vindeiro curso, da dixitalizaciòn do ensino do proxecto Abalar

Máis de 31.500 alumnos galegos veranse beneficiados, o vindeiro curso, da dixitalizaciòn do ensino do proxecto Abalar

Máis de 31.500 alumnos galegos beneficiaránse o vindeiro curso 2011-2012 dun renovado Proxecto Abalar, que duplicará as aulas, ao entrar por primeira vez en centros novos e estender a súa área de actuación a 6º de primaria e 2º da ESO, manténdoa en 5º e 1º.