As visitas ao espazo Abalar incrementáronse nun 44,5% nos últimos quince días

As visitas ao espazo Abalar incrementáronse nun 44,5% nos últimos quince días

Desde a súa posta en marcha a finais do mes de outubro e ata o 21 de xaneiro o espazoAbalar recibiu máis de 15.000 visitas. A plataforma, creada para fomentar a participación e a comunicación en rede de toda a comunidade educativa, experimentou un incremento de visitas nos últimos 15 días do 44,5%. O portal Abalar é unha das liñas de actuación do Proxecto Abalar, a iniciativa da Xunta para integrar as novas tecnoloxías nas aulas, que se está a implantar de xeito progresivo no eido educativo da Comunidade.

A Xunta traballará co sector TIC galego para desenvolver prestacións sociosanitarias no fogar a través das novas tecnoloxías

A Xunta traballará co sector TIC galego para desenvolver prestacións sociosanitarias no fogar a través das novas tecnoloxías

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Sanidade traballarán conxuntamente co sector TIC galego para ofrecer servizos de atención sociosanitarios na casa a través das novas tecnoloxías. É unha das liñas de actuación previstas para o desenvolvemento do Fogar Dixital na Comunidade, que se recolle na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, a folla de ruta da estratexia tecnolóxica da Administración autonómica.

A Xunta porá en marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas do que se poderán beneficiar máis de 84.000 galegos

A Xunta porá en marcha un servizo de videointerpretación para persoas xordas do que se poderán beneficiar máis de 84.000 galegos

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica implantará un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas en cinco puntos presenciais da Administración autonómica e a través de Internet. O departamento autonómico achegará 61.400 euros á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para instalar este servizo co que se contribúe á accesibilidade deste colectivo á información e á comunicación coa Administración en igualdade de condicións.

O portal da Xunta recibiu máis de 11 millóns de vistas en 2010

O portal da Xunta recibiu máis de 11 millóns de vistas en 2010

O portal da Xunta de Galicia recibiu durante o ano 2010 un total de 11,6 millóns de visitas das que 350.000 foron realizadas por usuarios distintos. A web da Administración autonómica iniciou o pasado mes de xuño unha nova andaina converténdose nun espazo máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán para encamiñarse cara un espazo 2.0.

 A nova web foi concibida pensando en mellorar a atención ao usuario, incrementando nos últimos meses os servizos dispoñibles, ofrecendo unha maior interactividade, novas canles multimedia e o acceso a través das redes sociais. 

Javier Guerra salienta a importancia da conexión entre os centros de coñecemento e o tecido produtivo para avanzar no camiño da innovación empresarial

Javier Guerra salienta a importancia da conexión entre os centros de coñecemento e o tecido produtivo para avanzar no camiño da innovación empresarial

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, cualificou hoxe ao Centro Tecnolóxico Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacóns de Galicia, como un “cómplice” da estratexia da Xunta de Galicia no cambio de paradigma que o novo Plan de Investigación, Innovación e Cremento, dotado con máis de 190 millóns de euros, vai instaurar no Sistema Gelego de I+D+i para “profundizar na conexión entre os centros de coñecemento e as empresas para xerar riqueza económica da man de investigación e da innovación”.

Modernización impulsa as accións das oficinas de software libre das tres universidades galegas cunha achega de 120.000 euros

Modernización impulsa as accións das oficinas de software libre das tres universidades galegas cunha achega de 120.000 euros

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica apoia as actividades en materia de software libre e código de fontes abertas (FLOSS) das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cunha achega de 120.000 que permitirá realizar máis de 20 actividades nesta materia ao longo deste ano. Con este financiamento, o departamento autonómico contribúe á consolidación de proxectos que se están a desenvolver desde as Oficinas de Software Libre (OSL) universitarias e promove a posta en marcha de nova iniciativas para a promoción do FLOSS en Galicia.

A Secretaría Xeral de Modernización e Red.es celebran en Santiago unha xornada para achegar solucións tecnolóxicas aos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos

A Secretaría Xeral de Modernización e Red.es celebran en Santiago unha xornada para achegar solucións tecnolóxicas aos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, celebrarán o vindeiro 16 de febreiro no Centro de Novas Tecnoloxías en Santiago de Compostela a xornada “Empresas en red” dirixida aos talleres de venda, mantemento e reparación de vehículos.

Estas Xornadas enmárcanse nun programa de ámbito nacional “Empresas en Red” do Plan Avanza2, do que se benefician empresarios, autónomos e profesionais de máis de 30 cidades españolas.

Economía e Industria sitúa o proxecto MOBI2GRID como exemplo de iniciativa tractora para Galicia no ámbito da innovación

Economía e Industria sitúa o proxecto MOBI2GRID como exemplo de iniciativa tractora para Galicia no ámbito da innovación

A Consellería de Economía e Industria apoia decididamente o proxecto ‘MOBI2GRID’, dirixido á creación das condicións necesarias para a implantación dun sistema de mobilidade eléctrica integrado e interconectado na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal a través da concepción, desenvolvemento, demostración e proba piloto con vehículos eléctricos. Por este motivo, o director xeral de I+D+I da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, desprazouse a Porto para abrir o acto de presentación desta iniciativa, liderada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG).

Pemes, micropemes e autónomos do sector da venda, mantemento e reparación de vehículos de Galicia participan no programa “xornadas en red” para potenciar a rendabilidade do seu negocio

Pemes, micropemes e autónomos do sector da venda, mantemento e reparación de vehículos de Galicia participan no programa “xornadas en red” para potenciar a rendabilidade do seu negocio

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de entidade pública red.es, a Subdelegación de Goberno en Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia presentaron esta mañá en Santiago de Compostela unha nova edición das 'Xornadas Empresas en Rede', un programa de ámbito nacional do que se benefician pemes, micropemes e autónomos de máis de 30 cidades españolas.

O DOG publica a orde de axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

O DOG publica a orde de axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e se convocan para o ano 2011.