Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación colaboran na formación de técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos
Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación colaboran na formación de técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica porán en marcha unha serie de xornadas formativas destinadas aos técnicos municipais e responsables do goberno local con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos. O obxectivo das xornadas é capacitar a estes profesionais na tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.