Durante o primeiro semestre de 2011 preto de 400 galegos ao día se conectaron a Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Durante o primeiro semestre de 2011 preto de 400 galegos ao día se conectaron a Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Nos 6 primeiros meses de 2011 máis de 26.000 galegos contrataron servizos de acceso a Internet grazas aos novos despregamentos de redes de telecomunicación que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través do Plan de Banda Larga 2010-2013.

Modernización subvenciona con 2,5 millóns de euros 62 novos proxectos promovidos por empresas do sector TIC galego

Modernización subvenciona con 2,5 millóns de euros 62 novos proxectos promovidos por empresas do sector TIC galego

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destina este ano un total de 2.544.000 euros a subvencionar 62 novos proxectos innovadores impulsados por empresas do sector TIC galego. Así se recolle na resolución dunha orde de axudas, que se publicará proximamente no Diario Oficial de Galicia.

Galicia duplica a captación de fondos europeos no VII Programa Cadro de I+D e cumpre obxectivos 2 anos antes do previsto

Galicia duplica a captación de fondos europeos no VII Programa Cadro de I+D e cumpre obxectivos 2 anos antes do previsto

O apio da Xunta de Galicia ás iniciativas de captación de recursos no eido da I+D+i ten impulsado dun xeito determinante a captación de fondos do VII Programa Cadro de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da Unión Europea (7PC), así como a capacidade axentes galegos para presentar propostas de I+D+i competitivas a nivel europeo, superaron con moito as expectativas formuladas a principios de 2007, en especial no que se refire ás empresas.

A Xunta implantará un sistema de seguridade adicional para controlar o acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia

A Xunta implantará un sistema de seguridade adicional para controlar o acceso á rede corporativa da Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vai implantar un sistema de seguridade adicional para controlar o acceso á rede de telecomunicacións da Xunta. O proxecto, que entrará en funcionamento a finais de 2011, terá un alcance inicial de 1.500 usuarios localizados no Edificio Administrativo San Caetano e elevará considerablemente o nivel de seguridade das comunicacións.

O OSIMGA pon ao dispor da cidadanía unha versión avanzada da súa web

O OSIMGA pon ao dispor da cidadanía unha versión avanzada da súa web

Entre as melloras de accesibilidade cabe salientar a implementación do sistema de voz na web que permite suprimir algunhas barreiras mediante a lectura automatizada, achegando a información e os servizos do OSIMGA ás persoas, cuxa discapacidade (visual, psíquica...) ou mesmo a súa preparación non lles permite a lectura e comprensión de textos longos.

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) organiza unhas xornadas sobre Informática Xudicial en Lugo

O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) organiza unhas xornadas sobre Informática Xudicial en Lugo

O obxectivo deste seminario é informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial. Co seminario tratarase ademais de sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.

O conselleiro de Educación inaugura a Aula Schneider Electric no Cifp Politécnico de Santiago de Compostela

O conselleiro de Educación inaugura a Aula Schneider Electric no Cifp Politécnico de Santiago de Compostela

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta mañá a Aula Schneider Electric no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela.

A Consellería de Educación instalará máis de seiscentos equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos

A Consellería de Educación instalará máis de seiscentos equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos

A Consellería de Educación instalará en vindeiras datas máis de seiscentos equipos de aulas dixitais nos centros educativos galegos. Unha acción que ven derivada dun convenio asinado entre a Consellería, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria.

O inicio das emisións dos novos múltiplex de TDT de Folgoso do Courel e Samos permitirá achegar a oferta completa de televisión dixital a preto de 1.300 galegos

O inicio das emisións dos novos múltiplex de TDT de Folgoso do Courel e Samos permitirá achegar a oferta completa de televisión dixital a preto de 1.300 galegos

A posta en funcionamento dos novos múltiplex de TDT de Folgoso do Courel e Samos, previstos para comezos desta semana, permitirá achegar a oferta completa da Televisión Dixital Terrestre a preto de 1.300 persoas.

O múltiplex de Folgoso do Courel porase en funcionamento o luns e achegará a oferta completa de Televisión Dixital a 600 habitantes dos concellos de Folgoso do Courel e Quiroga. O múltiplex de Samos porase en funcionamento o martes e afectará a uns 700 habitantes dos concellos de Samos e Sarria.

Galicia acolle por primeira vez a comisión executiva do Centro Nacional de Referencia de fomento do Software Libre

Galicia acolle por primeira vez a comisión executiva do Centro Nacional de Referencia de fomento do Software Libre

O Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en Fontes Abertas (CENATIC) celebra o vindeiro mércores a súa Comisión Executiva en Galicia por primeira vez, despois de que a Comunidade se incorporara a esta entidade o pasado mes de febreiro.