A nova web do Inega suma 29.668 visitas en apenas dous meses e permite facer unha xestión dos apoios máis áxil e eficaz

A nova web do Inega suma 29.668 visitas en apenas dous meses e permite facer unha xestión dos apoios máis áxil e eficaz

A nova páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), renovada pola Consellería de Economía e Industria (www.inega.es) rexistrou 29.668 visitas en menos de dous meses de funcionamento, o que supón unha media de 530 consultas diarias.

A Xunta creará un rexistro electrónico de plans de emerxencia para mellorar as actuacións ante as incidencias

A Xunta creará un rexistro electrónico de plans de emerxencia para mellorar as actuacións ante as incidencias

A Xunta de Galicia vai poñer en marcha un rexistro galego de plans de emerxencia, que facilitará que todos os axentes que interveñen nos accidentes teñan acceso á información actualizada sobre os plans de autoprotección, o que permitirá optimizar a súa actuación en caso de sinistro nos establecementos que deben contar con estes plans.

O Centro de Novas Tecnoloxías oferta unha programación con máis de 70 actividades para o curso 2011/2012

O Centro de Novas Tecnoloxías oferta unha programación con máis de 70 actividades para o curso 2011/2012

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Consellería de Traballo e Benestar, oferta unha programación formativa punteira a nivel estatal que ten xa 71 actividades confirmadas para o curso 2011/2012, o que supón unha renovación respecto ao período 2010/2011 nunha porcentaxe do 35%.

A Axencia Galega das Industrias Culturais estrea nova web

A Axencia Galega das Industrias Culturais estrea nova web

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo estrea nova páxina web que, mantendo o seu enderezo www.agadic.info, actualiza o seu deseño e estrutura para dar cabida a novas seccións multimedia, ás redes sociais e aos contidos de actualidade xerados polo propio sector.

Máis de 3.300 veciños dos concellos de Boqueixón e Touro xa teñen acceso á Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Máis de 3.300 veciños dos concellos de Boqueixón e Touro xa teñen acceso á Internet grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, posibilitou que máis de 3.300 veciños dos Concellos de Touro e Boqueixón que carecían de cobertura teñan acceso á Internet.

Economía e Industria axuda aos concellos da comarca do Deza a mellorar as zonas comerciais co fin de impulsar o crecemento e a xeración de emprego no pequeno comercio

Economía e Industria axuda aos concellos da comarca do Deza a mellorar as zonas comerciais co fin de impulsar o crecemento e a xeración de emprego no pequeno comercio

A Consellería de Economía e Industria renova o seu compromiso cos concellos da comarca do Deza para a adecuación e modernización dos equipamentos comerciais municipais, dentro das accións contempladas no Plan Ágora- Agora reComercia, cun investimento de 666.157,67 euros para os anos 2011-2012. A Xunta de Galicia fai un importante esforzo para priorizar e axudar aos municipios, nun momento complexo para as administracións locais, co obxectivo de impulsar a mellora das zonas comerciais favorecendo o crecemento e a xeración de emprego nas comarcas galegas.

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitou o acceso á Internet a máis de 3.000 veciños da Mariña luguesa que non tiñan cobertura

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitou o acceso á Internet a máis de 3.000 veciños da Mariña luguesa que non tiñan cobertura

Un total de 3.100 persoas da Mariña luguesa que carecían de acceso a Internet teñen xa a posibilidade de conectarse á Rede grazas as actuacións do Plan de Banda Larga 2010-2013, que está a desenvolver a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

O novo servizo de Diagnose on line para pemes, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria, rexistra nas tres primeiras semanas 163 auditorías enerxéticas

O novo servizo de Diagnose on line para pemes, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria, rexistra nas tres primeiras semanas 163 auditorías enerxéticas

Nestas primeiras semanas de funcionamento da aplicación de “Diagnose Enerxética On line”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria, a través do Inega, obtívose un elevado número de visitas, cun rexistro de preto de 200 usuarios e o desenvolvemento de 163 auditorías. Estes datos reflicten a boa acollida que está a ter a aplicación dentro do eido empresarial galego e corrobora o compromiso da Xunta de Galicia coas pemes a prol do aforro enerxético, considerándoo un factor primordial para a mellora da súa competitividade empresarial.

A rede de aulas para a modernización e a inclusión tecnolóxica da Xunta impartiron máis de 3.300 horas de formación

A rede de aulas para a modernización e a inclusión tecnolóxica da Xunta impartiron máis de 3.300 horas de formación

Desde a súa posta en marcha, en abril, as aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiron máis de 3.300 horas de formación, das cales 2.512 pertencen á área de alfabetización dixital e 840 corresponde a cursos sobre multimedia e audiovisual. A Rede conta actualmente con preto de 3.600 usuarios.

A Oficina Agraria Virtual de Medio Rural recibiu máis de 400.000 visitas no que vai de ano 2011

A Oficina Agraria Virtual de Medio Rural recibiu máis de 400.000 visitas no que vai de ano 2011

A Oficina Agraria Virtual (OAV) da Consellería do Medio Rural recibiu no que vai de ano máis de 400.000 visitas, centradas en tarefas de xestión da actividade cotiá dunha explotación. Delas, destacan as 300.000 altas por nacemento de gando, 30.000 solicitudes de marcas identificadoras, 36.000 declaracións de movemento, máis de 3.000 peticións de guías de traslado e 700 cambios de datos persoais, entre outras xestións. Estes datos foron facilitados hoxe polo propio titular deste departamento, Samuel Juárez, cando se cumpre un ano da presentación desta ferramenta virtual.