O conselleiro de Educación visita a aula dixital do CEIP Mestre Vide en Ourense

O conselleiro de Educación visita a aula dixital do CEIP Mestre Vide en Ourense

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Mestre Vide, onde comprobou o funcionamento da aula dixital instalada recentemente neste centro, no marco do acordo subscrito entre a Consellería de Educación, a Secretaría Xeral de Modernización e a entidade Red.es, dependente do Ministerio de Industria.

O proxecto Bibliosaúde do Sergas recibe o Premio Nacional á Calidade e Innovación

O proxecto Bibliosaúde do Sergas recibe o Premio Nacional á Calidade e Innovación

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, recolleu hoxe na sede da Biblioteca Nacional o VI Premio Nacional á calidade e innovación outorgado pola Asociación Española de Documentación e Información (SEDIC) ao proxecto Bibliosaúde da Xunta de Galicia como “mellor contribución” en iniciativas de centros de documentación e bibliotecas de ciencias da saúde.

Máis de 2.000 persoas participan esta semana na feira científica ‘Galiciencia’

Máis de 2.000 persoas participan esta semana na feira científica ‘Galiciencia’

A Consellería de Economía e Industria apoia un ano máis a celebración de ‘Galiciencia’, a maior feira científica de Galicia, que se celebrará entre o próximo mércores e o venres en Ourense, e que está previsto que visiten máis de 2.000 persoas. O evento, organizado por Tecnópole-Parque Tecnolóxico de Galicia, é este ano actividade de referencia da Semana da Ciencia 2011 en España por medio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería.

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá a presentación de diferentes solucións tecnolóxicas para incrementar a eficacia na xestión do lixo

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá a presentación de diferentes solucións tecnolóxicas para incrementar a eficacia na xestión do lixo

O Centro Demostrador TIC organiza mañá xoves, 24 de novembro unha Xornada Demostradora co título “Solucións Tecnolóxicas para a Xestión de Residuos”, na que se mostrará tanto ao tecido empresarial galego como ás administracións públicas diversas solucións tecnolóxicas que axudan a reducir o impacto negativo que no medio ambiente poden ocasionar os residuos xerados pola súa actividade.

Xunta e R poñen en marcha un servizo interactivo de información en emerxencias para a cidadanía

Xunta e R poñen en marcha un servizo interactivo de información en emerxencias para a cidadanía

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o director da división de empresas de R, Antonio Fernández Armas, asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que se proxecta o desenvolvemento dunha canle de emerxencias 112 que permitirá ofrecer aos cidadáns numerosa información sobre avisos relacionados coas emerxencias.

Feijóo avanza que a nova Lei de bibliotecas de Galicia permitirá un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, esta mañá, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do proxecto de Lei de bibliotecas de Galicia, que renova unha normativa que data de 1989 e que busca un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”.

Rosa Quintana participa na inauguración das novas instalacións do Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostelería Compostela

Rosa Quintana participa na inauguración das novas instalacións do Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostelería Compostela

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada da directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon, e da directora xeral de Formación e Colocación, Ana Díaz, participou na inauguración das novas instalacións do Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostelería Compostela.

O secretario xeral de Medios inaugura o foro 'Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos'

O secretario xeral de Medios inaugura o foro 'Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos'

 O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, inaugurou hoxe o foro 'O Escenario Dixital: incertezas, oportunidades e desafíos', organizado polo Clúster Audiovisual de Galicia e que se celebra en Santiago.

A porcentaxe de microempresas galegas con conexión a internet creceu 17 puntos nos últimos dous anos

A porcentaxe de microempresas galegas con conexión a internet creceu 17 puntos nos últimos dous anos

O 63,8% das microempresas galegas ten contratada conexión a Internet, experimentando un incremento nos últimos dous anos de 17,1 puntos porcentuais. Das microempresas con conexión a Internet, o 45,7% conta cunha velocidade de acceso de cando menos 4Mbps.

No caso das empresas galegas de 10 e máis empregados, a práctica totalidade dispón de acceso a Internet contratado (98%), 5,1 puntos porcentuais máis que en xaneiro de 2009. Máis da metade (53,2%) conta con velocidade superior a 4 Mbps.

A Xunta xestionará no 2013 unha única rede dixital de comunicacións que dará servizo a todos os colectivos de emerxencia de Galicia

A Xunta xestionará no 2013 unha única rede dixital de comunicacións que dará servizo a todos os colectivos de emerxencia de Galicia

A Xunta de Galicia contará no 2013 cunha rede de emerxencias propia que integrará a todos os colectivos que participan na resolución deste tipo de situacións. A nova unha rede dixital facilitará unha intervención efectiva e eficaz dos efectivos implicados e simplificará as tarefas de coordinación entre eles. A rede empregará o estándar TETRA, a tecnoloxía recomendada a nivel europeo para este tipo de comunicacións vinculadas á seguridade pública e empregada en centos de redes de máis de 100 países.