O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de facilitarlle aos concellos a rendición das súas contas, mediante a presentación do novo portal telemático de rendición das contas locais do Consello de Contas de Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica agrupará baixo unha única dirección e ubicación a todos os tecnólogos informáticos da Administración Autonómica, e permitirá un aforro anual de 20 millóns de euros. Así o dixo o xefe do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que hoxe adoptou esta decisión como “unha aposta en firme pola modernización da nosa Comunidade, unha aposta en firme pola austeridade e unha aposta en firme por seguir facendo máis con menos na Administración autonómica”.
A Escola Galega de Administración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o seu Plan de Formación continua para o persoal da Administración Autonómica de Galicia para o vindeiro ano 2012, no que destaca que, case un 72% das accións formativas levadas a cabo pola Escola serán na modalidade de teleformación.
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe unha nova liña de produción de cegoñais forxados que a compañía CIE-Galfor ten posto en marcha en cumprimento do Plan Industrial presentado ao Concurso Eólico da Xunta de Galicia. Coa posta en marcha desta cuarta liña de fabricación na planta da compañía, no Polígono de San Cibrao das Viñas, faise posible a creación de novos postos de traballo e a consolidación de 400 empregos directos.
O Centro Demostrador TIC acollerá a o vindeiro 21 de decembro unha xornada demostradora sobre "Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria Transformadora de Produtos da Pesca", na que se exporá ao tecido empresarial do sector diversas solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados.
A web de Xunta de Galicia é a terceira máis accesible de todos os portais corporativos das Comunidades Autónomas, segundo o último informe do Observatorio de Accesibilidade do Ministerio Política Territorial e Administración Pública. En menos dun ano, entre xuño do 2010 e outubro de 2011, o portal corporativo subiu dez postos nesta clasificación.
O Observatorio puntúa os portais en 3 niveis de cumprimento e tamén cunha nota media de 0 a 10. No último informe o portal da Xunta obtivo o máximo grao de cumprimento dos 3 niveis, e unha puntuación media dun 9 sobre 10.
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha un programa de axudas para que as familias galegas con menos recursos económicos poidan acceder a Internet nos seus fogares. O orzamento do programa para 2012 é superior aos 570.000 euros e permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias.
O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, inaugurou esta mañá as obras de mellora que se desenvolveron na aula CeMIT de Boiro e nas que o Goberno galego investiu arredor de 33.000 euros.
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu hoxe a entrega da VIII Edición dos Premios Eganet á que se presentaron 74 empresas, entidades e profesionais cun total de 192 candidaturas.