O DOG publica hoxe o decreto que regula a presenza da administración autonómica en internet

O DOG publica hoxe o decreto que regula a presenza da administración autonómica en internet

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que regula a presenza da Administración Xeral do Sector Público en Internet. O obxectivo do decreto é garantir a transparencia informativa e impulsar a participación cidadá a través das redes sociais avanzando cara un Goberno aberto.

Un total de 161 Centros educativos da Comunidade xa se conectan a internet con velocidades de 100 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

Un total de 161 Centros educativos da Comunidade xa se conectan a internet con velocidades de 100 Mbps grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta

A Secretaría Xeral de Modernización acaba de completar este mes a implantación de redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade en 68 centros educativos das catro provincias galegas, que se suman aos 93 centros aos que xa se lles facilitara o acceso a esta tecnoloxía en xaneiro. A mellora destas infraestruturas de telecomunicación posibilita, ademais do incremento da velocidade de conexión, o acceso simultáneo dun maior número de usuarios e a posibilidade de traballar cun maior número de aplicacións informáticas. 
 
Ábrese o primeiro procedemento de inscrición a través do expediente electrónico do profesional no Servizo Galego de Saúde

Ábrese o primeiro procedemento de inscrición a través do expediente electrónico do profesional no Servizo Galego de Saúde

Mañá abrirase o primeiro procedemento de inscrición en prazos para a inscrición en listas de diversas categorías do Servizo Galego de Saúde que se leva a cabo a través do expediente electrónico do profesional, sistema posto en marcha o pasado mes de xullo e que ten xerado xa máis de 800.000 accesos.

Feijóo destaca, cun investimento de 6,5 millóns de euros, a posta en marcha dunha rede de emerxencias única, dotada coa tecnoloxía máis punteira en comunicacións e que blindará as 24 horas a resposta ante as emerxencias na Comunidade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, que Galicia contará cunha rede de emerxencias única, que incorpore todos os beneficios da tecnoloxía punta e que suporá blindar, as 24 horas, a resposta ante as emerxencias que se produzan na comunidade. “Galicia contará, por primeira vez, cunha rede dixital de emerxencias en propiedade que integrará e conectará nun mesmo sistema a todos os colectivos.

A Xunta resolverá no mes de novembro a orde de axudas destinadas ao fomento da empresa dixital

A Xunta resolverá no mes de novembro a orde de axudas destinadas ao fomento da empresa dixital

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica resolverá no mes de novembro a axudas destinadas ao fomento da empresa dixital. O departamento autonómico xa informara no seu día ao sector das previsións de  resolución desta convocatoria de subvención. O elevado número de proxectos presentados, o amplo volume de documentación proposta polas empresas para subsanar xunto co peche do exercicio orzamentario en setembro dilataron este proceso de resolución.

O IGE permite incorporar a calquera web ou blog a información estatística de Galicia actualizada en todo momento

O IGE permite incorporar a calquera web ou blog a información estatística de Galicia actualizada en todo momento

O director xeral do Instituto Galego de Estatística (IGE), José Antonio Campo Andión, presentou hoxe unha ferramenta informática que permite incorporar a calquera páxina web ou blog a información estatística da comunidade autónoma actualizada en todo momento.

A Xunta realiza o cambio de frecuencia necesario para que preto de 500 veciños de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico

A Xunta realiza o cambio de frecuencia necesario para que preto de 500 veciños de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico

A Xunta de Galicia realizou hoxe as melloras técnicas necesarias para que preto de 500 veciños do concello pontevedrés de Crecente reciban con maior calidade o sinal das televisións de ámbito autonómico. Por mor dos axustes operados no concello de Crecente, durante o día de hoxe se procedeu ao cambio da frecuencia de emisión do múltiple autonómico á canle 40, que afecta ás cadeas TVG, TVG2 e V Televisión.

O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática celebra en Compostela as II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática celebra en Compostela as II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia está a organizar, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, as “II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos” que terán lugar en Santiago os días 11 e 12 de novembro. 

No 2010 preto do 80% dos alcaldes dos municipios galegos empregaron certificados dixitais para exercitar as súas funcións

No 2010 preto do 80% dos alcaldes dos municipios galegos empregaron certificados dixitais para exercitar as súas funcións

No 2010 a maioría dos alcaldes, secretarios e interventores e máis da metade do resto de persoal dos concellos empregaron certificados dixitais para exercitar as súas funcións. É un dos datos destacados dos resultados das enquisas sobre “A Administración electrónica na Xunta de Galicia e nos concellos galegos”, correspondentes a 2010 elaborados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

Mar Pereira agradece o esforzo e a colaboración de todos os colectivos implicados no proceso de modernización da xustiza que está a realizar a Administración Autonómica

Mar Pereira agradece o esforzo e a colaboración de todos os colectivos implicados no proceso de modernización da xustiza que está a realizar a Administración Autonómica

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou hoxe a importancia da colaboración e o esforzo de todos os colectivos implicados no proceso de  modernización da Xustiza que está a desenvolver a Administración autonómica. Así o indicou durante a inauguración das II Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, en colaboración coa Secretaría Xeral.