No último ano preto de 3.000 profesionais da xustiza se beneficiaron dos 325 cursos de formación impartidos pola Xunta no marco do Plan Senda
No último ano preto de 3.000 profesionais da xustiza se beneficiaron dos 325 cursos de formación impartidos pola Xunta no marco do Plan Senda
A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, impartiu entre outubro de 2010 e setembro de 2011 un total de 325 cursos nos que participaron 2.296 profesionais de diferentes colectivos xudiciais das catro provincias galegas. Este proceso de formación é unha das liñas estratéxicas do Plan Senda 2014 para a modernización da Xustiza, xa que é o piar fundamental para lograr a adaptación dos usuarios aos novos sistemas de información e a implantación de novos avances tecnolóxicos no ámbito xudicial.