A secretaria xeral de Modernización afirma que o lanzamento do XaTcobeo demostra a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións para competir a nivel internacional

A secretaria xeral de Modernización afirma que o lanzamento do XaTcobeo demostra a capacidade dos profesionais galegos das telecomunicacións para competir a nivel internacional

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou hoxe que o lanzamento do picosatélite Xatcobeo supón un fito para Galicia e que “o éxito é ter chegado ata aquí porque demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das telecomunicacións para competir a nivel internacional e súa capacidade de innovación e de crear equipamento tecnolóxico de última xeración”.

A Consellería de Cultura e Educación activa a terceira versión do espazoAbalar con novas funcionalidades e servizos

A Consellería de Cultura e Educación activa a terceira versión do espazoAbalar con novas funcionalidades e servizos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica veñen de actualizar e incorporar novas funcionalidades e servizos ao portal espazoAbalar (http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar), que comezará a funcionar ao longo de maña.

Un total de 70 voluntarios e 25 entidades colaboradoras se adheriron xa ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta nos primeiros catro días desde a apertura da convocatoria

Un total de 70 voluntarios e 25 entidades colaboradoras se adheriron xa ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta nos primeiros catro días desde a apertura da convocatoria

Desde o pasado 1 de febreiro os interesados en colaborar no Programa de Voluntariado Dixital, promovido pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, poden facelo rexistrándose na web http://voluntariadodixital.xunta.es. Nos primeiros catro días desde a apertura da convocatoria adheríronse ao programa 70 voluntarios e 25 entidades, entre as de acción de acción voluntaria, organismos colaboradores e mecenas dixitais.

A Xunta renovou o 85 por cento dos ordenadores con máis de cinco anos de antigüidade nos xulgados galegos

A Xunta renovou o 85 por cento dos ordenadores con máis de cinco anos de antigüidade nos xulgados galegos

O conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, destacou hoxe o investimento que está a levar a cabo o Goberno galego na implantación das novas tecnoloxías e na modernización da Administración da Xustiza e, nese sentido, sinalou que a porcentaxe de equipos informáticos cunha antigüidade superior a cinco anos é a día de hoxe de tan só o 15 por cento do total, mentres que en 2009 era do 63 por cento.

Xuventude organiza en colaboración coa Garda Civil obradoiros sobre seguridade na rede dirixidos a mozos e mozas e aos seus pais

Xuventude organiza en colaboración coa Garda Civil obradoiros sobre seguridade na rede dirixidos a mozos e mozas e aos seus pais

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a través do servizo Quérote +, desenvolveu hoxe en colaboración co equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil un obradoiro de ciberbullying no colexio Manuel Peleteiro de Santiago con motivo do Día Mundial da Seguridade en Internet. ‘Convivencia e redes sociais’ é o título destes talleres onde se abordan os comportamentos e aptitudes para evitar casos de acoso escolar ou de acoso informático.

Mar Pereira destaca as oportunidades que ofrece o comercio electrónico ás pemes e ás microempresas para acceder a máis clientes e a unha maior cobertura xeográfica

Mar Pereira destaca as oportunidades que ofrece o comercio electrónico ás pemes e ás microempresas para acceder a máis clientes e a unha maior cobertura xeográfica

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, indicou que “debemos apostar activamente pola dinamización das TIC as nosas empresas para poder competir nun escenario máis global e competitivo”. A responsable de novas tecnoloxías inaugurou esta mañá a Xornada “As TICs e os Social Media: Claves para a Competitividade”, organizadas por Telefónica.

Feijóo avanza que a Xunta blindará as telecomunicacións como un servizo público a través dunha lei que garantirá o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado

Feijóo avanza que a Xunta blindará as telecomunicacións como un servizo público a través dunha lei que garantirá o seu desenvolvemento de xeito máis coordinado

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Goberno galego blindará as telecomunicacións como un servizo público coa futura Lei de impulso e ordenación das infraestruturas e telecomunicacións de Galicia. Un texto que, segundo subliñou Feijóo, procura que a extensión das novas tecnoloxías na comunidade se realice cunha mellor coordinación, con máis planificación e maior anticipación.

Feijóo destaca a aposta da Xunta para converter a tecnoloxía nun servizo básico tan importante como a auga ou o saneamento

Feijóo destaca a aposta da Xunta para converter a tecnoloxía nun servizo básico tan importante como a auga ou o saneamento

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta tarde, en Madrid, no acto organizado pola Fundación DINTEL, a aposta da Xunta para converter a tecnoloxía nun servizo básico tan importante como a auga ou o saneamento. “As infraestruturas tecnolóxicas –dixo- ocupan un dos lugares máis destacados; unha aposta decidida e ambiciosa, como o demostramos hoxe mesmo ao iniciar a tramitación da primeira Lei de telecomunicacións da historia de Galicia, e que nace co obxectivo de que a tecnoloxía se considere un servizo tan básico como a auga ou o saneamento”.

A Secretaria Xeral de Modernización asistiu esta mañá ao acto de lanzamento do picosatélite Xatcobeo

A Secretaria Xeral de Modernización asistiu esta mañá ao acto de lanzamento do picosatélite Xatcobeo

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu esta mañá ao acto organizado pola Universidade de Vigo con motivo do lanzamento do picosatélite Xatcobeo desde a Guayana francesa.

Mar Pereira sinalou que co lanzamento do Xatcobeo “demostramos o potencial dos profesionais galegos formados no sector das telecomunicacións para competir a nivel internacional e súa capacidade de innovación e de crear equipamento tecnolóxico de última xeración”.

Economía e Industria salienta o incremento na creación de empresas e os apoios para incentivar o emprendemento

Economía e Industria salienta o incremento na creación de empresas e os apoios para incentivar o emprendemento

A Consellería de Economía e Industria salientou que a creación de empresas en Galicia medrou en 2011 por segundo ano consecutivo, ao tempo que salientou os apoios habilitados polo Igape neste ámbito, a través de liñas como re-imaxina e re-emprende, que permitiron prestar apoio a máis de 900 proxectos, para mobilizar investimentos que superaron os 35 millóns de euros.