O DOG publica hoxe o Decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica

O DOG publica hoxe o Decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto de creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e os seus estatutos. Nun prazo máximo de dous meses terá lugar a sesión constitutiva do consello reitor da Amtega, o que implicará a súa entrada en funcionamento.

A Xunta pon en marcha o mapa TIC, un punto de encontro virtual entre os provedores e os demandantes de tecnoloxía

A Xunta pon en marcha o mapa TIC, un punto de encontro virtual entre os provedores e os demandantes de tecnoloxía

O Centro Demostrador TIC conta desde hoxe cunha ferramenta de referencia para o seu funcionamento: o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia. O MapaTIC.gal é unha plataforma web que servirá de punto de encontro virtual entre as empresas TIC e as empresas doutros sectores que demandan solucións tecnolóxicas.

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o funcionamento da nova aula dixital do CEIP Albeiros

O conselleiro de Cultura e Educación comproba o funcionamento da nova aula dixital do CEIP Albeiros

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, comprobou hoxe o funcionamento do kit de aula dixital instalado por primeira vez este curso no CEIP Albeiros, da cidade de Lugo, no que estudan 209 alumnas e alumnos. Co gallo da súa visita, o conselleiro tivo a oportunidade de compartir parte da mañá coa comunidade escolar deste centro, nun encontro no que estivo acompañado polo director do colexio, Manuel Fernández Sarceda; a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias; e o xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo.

A Biblioteca de Innovación posta en marcha por Economía e Industria rexistrou xa máis de 3.000 descargas de publicacións dixitais especializadas

A Biblioteca de Innovación posta en marcha por Economía e Industria rexistrou xa máis de 3.000 descargas de publicacións dixitais especializadas

A Biblioteca Práctica de Innovación de Galicia “Aprende a innovar”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape para contribuír á difusión de ideas innovadoras facilitando a mellora competitiva das empresas, rexistrou xa máis de 3.000 descargas de publicacións desde a súa recente posta en marcha.

A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición dos centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

A Consellería de Cultura e Educación pon a disposición dos centros Abalar unha versión para atender á diversidade funcional do alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dos centros Abalar unha versión accesible para atender á diversidade funcional do alumnado.

Así, e dentro do proxecto Abalar, a Consellería de Educación, en colaboración coa ONCE e a asociación TADEG@ , pon a disposición dos centros educativos unha solución accesible para o equipamento do alumnado que contempla a diversidade dos alumnos e alumnas e as súas necesidades.

Accións de colaboración

A Xunta pon en marcha o programa de Voluntariado Dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na Sociedade da Información

A Xunta pon en marcha o programa de Voluntariado Dixital para apoiar a integración da cidadanía galega na Sociedade da Información

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha o Programa de Voluntariado Dixital para achegar as novas tecnoloxías á unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.

Continúa aberto o prazo de inscrición para participar no I Concurso de Curtas co Móbil, dirixido a mozos da ESO e de Bacharelato da comunidade galega

Continúa aberto o prazo de inscrición para participar no I Concurso de Curtas co Móbil, dirixido a mozos da ESO e de Bacharelato da comunidade galega

Os mozos e mozas que cursen a ESO ou o Bacharelato nos centros educativos galegos e queiran participar no I Concurso de Curtas realizadas co móbil, dispoñen aínda dun mes para presentar as súas curtametraxes. A rede de centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, rede CeMIT, que convoca o concurso por iniciativa das aulas CeMIT dos concellos de Vimianzo e Abegondo, mantén aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 29 de febreiro.

O informe da Fundación Telefónica sobre a Sociedade da Información en España 2011 recolle a realidade dixital de Galicia

O informe da Fundación Telefónica sobre a Sociedade da Información en España 2011 recolle a realidade dixital de Galicia

A Fundación Telefónica vén de presentar o seu 12º informe anual sobre “La Sociedad de la Información en España 2011”. Este informe é un dos estudos de referencia no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A Xunta de Galicia colabora, un ano máis, a través do Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia (OSIMGA), realizando un diagnóstico da realidade dixital de Galicia que examina os seus indicadores e proxectos máis relevantes.

A Unidade Muller e Ciencia desenvolverá un plan para eliminar o sesgo de xénero nas expectativas académicas

A Unidade Muller e Ciencia desenvolverá un plan para eliminar o sesgo de xénero nas expectativas académicas

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá a reunión do pleno da Unidade Muller e Ciencia, na que se decidiron as accións a por en marcha en 2012. Entre outras iniciativas acordadas hoxe, Igualdade vai desenvolver este ano un plan orientado a eliminar o sesgo de xénero na elección académica e profesional das xeracións máis novas, con accións dirixidas á comunidade educativa, tanto ás alumnas e alumnos como ás personas profesionais dos departamentos de orientación.

Economía e Industria impulsa o investimento produtivo no sector biotecnolóxico galego mediante encontros entre emprendedores, empresas e entidades inversoras

Economía e Industria impulsa o investimento produtivo no sector biotecnolóxico galego mediante encontros entre emprendedores, empresas e entidades inversoras

A Consellería de Economía e Industria, a través de BIC Galicia, organiza mañá martes 31 de xaneiro en colaboración co Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) a “Lonxa de inversores do sector biotecnolóxico”, unha iniciativa que ten por obxectivo atraer capital interesado en incentivar proxectos do sector biotecnolóxico galego con elevado potencial de crecemento.