A Xunta investirá 90.000 euros na nova aula da rede CeMIT de Ribeira, que estará aberta ao público no mes de xuño
A Xunta investirá 90.000 euros na nova aula da rede CeMIT de Ribeira, que estará aberta ao público no mes de xuño
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, visitou hoxe en Ribeira o local no que se ubicará a nova aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión tecnolóxica, CeMit, da localidade. A Xunta de Galicia investirá 90.000 euros neste centro que ocupará un espazo de 80 metros cadrados nos baixos da escola infantil da rúa Cubeliños e que estará aberto ao público no mes de xuño.