Acreditacións para a cobertura da visita da secretaria xeral de Modernización ao Centro de Proceso de Datos da Cidade da Cultura

Acreditacións para a cobertura da visita da secretaria xeral de Modernización ao Centro de Proceso de Datos da Cidade da Cultura

Os medios interesados en cubrir a visita que a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, realizará o martes 28 de febreiro ás 11.00 ás instalacións do Centro de Proceso Integral de Datos, na Cidade da Cultura, deberán remitir o seu nome, apelidos, DNI e medio de comunicación para o que traballan á dirección comunicacion@cidadedacultura.org, ou chamar ao teléfono 881-997576, antes das 15,00 horas do luns 27.

A aplicación ‘Meteosix Mobile’, para consultar a predición meteorolóxica, rexistrou preto de 3.000 descargas en tan só tres semanas

A aplicación ‘Meteosix Mobile’, para consultar a predición meteorolóxica, rexistrou preto de 3.000 descargas en tan só tres semanas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Meteogalicia, contabilizou en tres semanas preto de 3.000 descargas da aplicación MeteoSIX Mobile, que permite consultar a predición meteorolóxica en tempo real.

A web do Inega duplica o número de visitas cos plans renove como os contidos de maior interese

A web do Inega duplica o número de visitas cos plans renove como os contidos de maior interese

A páxina web do Instituto Enerxético de Galicia –www.inega.es-, renovada pola Consellería de Economía e Industria en abril do ano pasado, duplicou o seu número de visitas no mes de xaneiro. Así, se a páxina viña rexistrando unha media mensual dunhas 22.000 visitas, durante o mes pasado sumou máis de 42.300. Este incremento débese, fundamentalmente, á interese suscitada polos plans renove de Equipos de Iluminación Interior, de Climatización e de Fiestras, que teñen como obxectivo potenciar o aforro e a eficiencia enerxética.

Galicia rexistrou en 2011 preto de 2.000 empresas tecnolóxicas, un 7,4% máis que en 2010

Galicia rexistrou en 2011 preto de 2.000 empresas tecnolóxicas, un 7,4% máis que en 2010

O número das empresas do sector tecnolóxico galego creceu un 7,4% no período 2010-2011, situándose o ano pasado nun total de 1.897. Este sector, empregou en Galicia a 15.855 traballadores en 2011, practicamente o mesmo número que en 2010, cun pequeno crecemento nos empregados do réxime xeral mentres que diminúe o número de autónomos.

O emprego do sector TIC representou o 1,6% do total afiliacións á seguridade social en Galicia durante o ano 2011, 15.855 traballadores fronte a un total de 980.280 afiliacións, unha proporción que se mantén desde o 2009.

O Centro Demostrador TIC celebra mañá unha xornada sobre solucións tecnolóxicas para a industria agroalimentaria

O Centro Demostrador TIC celebra mañá unha xornada sobre solucións tecnolóxicas para a industria agroalimentaria

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá, martes 28, unha Xornada Demostradora sobre "Solucións Tecnolóxicas para a Industria Agroalimentaria", na que se mostrará ao tecido empresarial do sector diversas aplicacións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega e a apertura a novos mercados.

Mar Pereira: “O Centro de Proceso de Datos Integral é a infraestrutura clave para impulsar a innovación tecnolóxica nos servizos públicos galegos”

Mar Pereira: “O Centro de Proceso de Datos Integral é a infraestrutura clave para impulsar a innovación tecnolóxica nos servizos públicos galegos”

O acondicionamento do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) entra na recta final co obxectivo de comezar a integrar todas as plataformas tecnolóxicas da Administración autonómica este verán. Así o explicou esta mañá a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a visita ás instalacións do CPDI, na Cidade da Cultura, nas que estivo acompañada pola xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.

O secretario xeral de Cultura pon en valor o audiovisual galego no seu proceso de adaptación ao contorno dixital

O secretario xeral de Cultura pon en valor o audiovisual galego no seu proceso de adaptación ao contorno dixital

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, incidiu no papel das tecnoloxías para ampliar o abano de posibilidades dos produtores e creadores do ámbito audiovisual. Segundo precisou, “as tecnoloxías abren novas portas para acceder a públicos diversificados que, ao mesmo tempo, presentan novas formas de consumo ás que as empresas do sector deben saber atender e albiscar nos seus movementos”.

A aula móbil da Xunta e Movistar chega a Coirós, onde o Plan de Banda Larga achegou internet a máis de 1.600 veciños sen cobertura

A aula móbil da Xunta e Movistar chega a Coirós, onde o Plan de Banda Larga achegou internet a máis de 1.600 veciños sen cobertura

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe en Coirós o Roadshow Movistar Galicia, a aula móbil que ten por obxectivo achegar as vantaxes e utilidades de internet á poboación rural e dar a coñecer os avances do Plan de Banda Larga do Goberno galego. No acto estivo acompañada polo alcalde do municipio, Francisco Quintela.

A Secretaria Xeral de Modernización recibe a un dos máximos responsables do departamento de Innovación do Goberno de Panamá

A Secretaria Xeral de Modernización recibe a un dos máximos responsables do departamento de Innovación do Goberno de Panamá

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira,  reuniuse esta mañá con Antonio Mola, xefe de Gabinete do Despacho Superior da Autoridade Nacional para a Innovación Gubernamental de Panamá.

Esta entidade é responsable da modernización do Estado panameño, mediante o uso das Tecnoloxías de Información e Comunicacións.

Mar Pereira afirma que o Goberno galego está a traballar para converter a Galicia nun polo tecnolóxico de referencia

Mar Pereira afirma que o Goberno galego está a traballar para converter a Galicia nun polo tecnolóxico de referencia

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica destacou que os esforzos que se están a realizar en materia tecnolóxica na Comunidade teñen como obxectivo final integrar as TIC en todos os ámbitos das sociedade e ao mesmo tempo converter a Galicia nun polo tecnolóxico de referencia. Así o destacou Mar Pereira na inauguración do XI Seminario TIC para Grandes Empresas e Organismos organizado por Ednon.