A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 4 millóns de euros ao fomento do emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns as bases reguladoras destas subvencións e a convocatoria para este ano. O importe das achegas será cofinanciado con fondos Feader, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e da Xunta de Galicia.
Así o anunciou a titular deste Departamento, Rosa Quintana, tras visitar a Sociedade Agraria de Transformación (SAT) San Vicente de Niveiro, situada no concello coruñés de Val do Dubra.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec, presenta o vindeiro martes 24 de marzo o proxecto “CeMIT-Innova: Fomento da innovación social dixital”, nunha xornada que terá lugar a partir das 9:30 horas da mañá, no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá este xoves nas súas instalacións unha xornada de presentación das iniciativas Autotic e Controlbox (https://cdtic.xunta.es/xornada-tic-aei). Trátase de dous proxectos incluídos no Plan estratéxico do Clúster TIC Galicia e cofinanciados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través do programa de apoio ás agrupacións empresariais innovadoras (AEI), e polos fondos Feder.
No encontro, inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira, explicóuselles aos responsables das aulas CeMIT os obxectivos e as fases desta iniciativa, que busca sentar as bases para a implantación en Galicia da Innovación Social Dixital co soporte da Rede de Aulas CeMIT.
A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha un programa piloto baseado na tecnoloxía Home Theatre Personal Computer (HTPC)- Computadora Persoal de Cine en Casa para a prevención e detección de situacións de deterioro cognitivo en persoas maiores. Trátase dun proxecto baseado nas Tecnoloxía de Información e Comunicación (TIC) para ofrecer entretemento multimedia, neste caso concreto, a través de mensaxes na televisión.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 8 de abril unha sesión demostradora que leva por título “Descubre como medir e analizar o teu rendemento para aumentar a túa produtividade profesional e persoal” (https://cdtic.xunta.es/produtividade-persoal) que se celebrará en horario de 11.00 a 12.00 horas.