A porcentaxe de fogares conectados a 100 megas nos núcleos do Plan Banda Larga da Xunta cuadriplica á media estatal

A porcentaxe de fogares conectados a 100 megas nos núcleos do Plan Banda Larga da Xunta cuadriplica á media estatal

Máis de 38.000 fogares e empresas dos núcleos obxectivo das redes de nova xeración do Plan de Banda Larga teñen contratadas conexións de 100Mbps. Isto supón o 10,4% dos fogares destas zonas, catro veces máis que a media estatal que non chega ao 2,6%.

Esta cifra sitúa a Galicia como unha das primeiras Comunidades no grao de cumprimento dun dos obxectivos da Axenda Dixital Europea: a metade dos fogares europeos conectados a redes de 100Mbps no ano 2020.

O CDTIC da Amtega acolle este xoves unha demostración sobre métodos de transferencia de ficheiros por internet

O CDTIC da Amtega acolle este xoves unha demostración sobre métodos de transferencia de ficheiros por internet

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións este xoves, 5 de marzo, a sesión “Managed File Transfer: métodos de transferencia de ficheiros por internet” (https://cdtic.xunta.es/mft-v-mann), que se desenvolverá en horario de 16.30 a 19.00 horas.

A Amtega celebra o 11 de marzo unha xornada divulgativa sobre a aplicación Xeshostal no Centro Demostrador TIC

A Amtega celebra o 11 de marzo unha xornada divulgativa sobre a aplicación Xeshostal no Centro Demostrador TIC

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 11 de marzo, unha sesión demostradora sobre Xeshostal, un software para a xestión hoteleira, desenvolvido pola Axencia de Turismo da Xunta.

O presidente da Xunta avanza a creación de dúas novas aceleradoras para pemes innovadoras en Lugo e Ourense para favorecer proxectos nos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa

O presidente da Xunta avanza a creación de dúas novas aceleradoras para pemes innovadoras en Lugo e Ourense para favorecer proxectos nos sectores agroalimentario, biotecnolóxico e da biomasa

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a creación de dúas novas aceleradoras para pemes innovadoras e empresas de base tecnolóxica galegas en fase de consolidación, que se ubicarán nas provincias que non contaban con ningún ata o de agora, Lugo e Ourense. “Interésanos seguir insistindo na innovación como fonte de creación de emprego e dun novo modelo económico despois da recesión”, explicou Feijóo.

A Xunta libera o software do proxecto DESOURB para facilitar a mellora da xestión e información territorial

A Xunta libera o software do proxecto DESOURB para facilitar a mellora da xestión e información territorial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de publicar con licenza libre o software para o proxecto DESOURB (Desenvolvemento Sostible Urbano).

Esta ferramenta informática está xa dispoñible no Repositorio de Software Libre da Xunta, onde se pode atopar, tanto o código fonte completo da aplicación como a súa documentación. Deste xeito, facilítase a súa reutilización así como a colaboración para a súa mellora.

A Amtega aproba o Plan de Acción 2015 con 41 programas para consolidar a administración dixital, modernizar sectores chave da economía e estender redes ultrarrápidas na comunidade

A Amtega aproba o Plan de Acción 2015 con 41 programas para consolidar a administración dixital, modernizar sectores chave da economía e estender redes ultrarrápidas na comunidade

O Plan de Acción 2015 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 41 programas operativos, dotados con 86 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, avanzar cara unha cidadanía dixital, integrar as TIC nos sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.

A Amtega convoca máis de 500 prazas para as probas de obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Amtega convoca máis de 500 prazas para as probas de obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 500 prazas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX).Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A Xunta destinará un novo financiamento de preto de 18,4 millóns a mellorar as infraestruturas educativas e á dixitalización do ensino público obrigatorio desde 5º de Primaria

A Xunta destinará un novo financiamento de preto de 18,4 millóns a mellorar as infraestruturas educativas e á dixitalización do ensino público obrigatorio desde 5º de Primaria

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para expoñer as liñas estratéxicas do departamento que dirixe no que queda de lexislatura, unha folla de ruta na que se reforza tanto o esforzo inversor como os aspectos cualitativos para dar un novo impulso ao modelo educativo. Neste sentido comprometeu un investimento de máis de 18,4 millóns de euros para a ampliación e dotación de equipamento aos centros de ensino das 4 provincias galegas.

A Amtega celebra o luns en Santiago o I Encontro para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais

A Amtega celebra o luns en Santiago o I Encontro para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), celebra o vindeiro luns, 16 de marzo, o I Encontro para o Desenvolvemento da Administración Electrónica, “Un compromiso conxunto cara os cidadáns”.

O obxectivo da xornada é poñer en común as liñas de colaboración da Administración autonómica coas entidades locais para a implantación da Administración electrónica, avanzar novas medidas e abrir un foro de debate sobre temáticas de interese e actualidade neste eido.

As microempresas galegas superan á media estatal no uso das redes sociais e de servizos electrónicos coa administración

As microempresas galegas superan á media estatal no uso das redes sociais e de servizos electrónicos coa administración

O 35,2% das microempresas galegas e o 38,5% das grandes empresas con actividade en Galicia empregan as redes sociais, en ambos casos superan a media estatal. As empresas galegas superan ao conxunto do estado no uso de servizos online coa administración.

Galicia conta con 205.519 empresas; das que o 95,8% son microempresas (con menos de 10 traballadores). As tres cuartas partes do tecido empresarial galego está distribuído no Eixo Atlántico dado que o 74,2% das empresas galegas se sitúan nas provincias da Coruña e Pontevedra (40,9% na Coruña e 33,3% en Pontevedra).