A Xunta salienta en Ferrol o papel do ensino no impulso ao emprendemento nos máis novos

A Xunta salienta en Ferrol o papel do ensino no impulso ao emprendemento nos máis novos

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, salientou esta tarde o papel do ensino secundario no impulso ao emprendemento como unha opción de futuro para os mozos e mozas ferroláns, durante a súa participación na entrega dos premios Ferrolterra Emprende.

A revista Socinfo premia o Plan Senda da Xunta para integrar as TIC no eido xudicial galego

A revista Socinfo premia o Plan Senda da Xunta para integrar as TIC no eido xudicial galego

A revista Socinfo premiou á Xunta de Galicia pola súa estratexia para integrar as TIC no eido Xudicial. A publicación recoñeceu co premio “Admistración Xudicial Electrónica 2015” as medidas do Plan Senda, desenvolvido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Xustiza da Vicpresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O CDTIC da Amtega convoca startups e emprendores a un encontro coa multinacional IBM o vindeiro 18 de maio

O CDTIC da Amtega convoca startups e emprendores a un encontro coa multinacional IBM o vindeiro 18 de maio

Startups, emprendedores e universitarios poderán coñecer de primeira man a tecnoloxía de IBM e o seu programa de apoio ao emprendemento. O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 18 de maio o encontro coa multinacional na xornada “Se tes unha idea, queremos traballala contigo” (https://cdtic.xunta.es/xornada-ibm), que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Feijóo destaca as capacidades do sector tecnolóxico galego e a súa apertura ao exterior, que fai que o 50% da súa facturación proveña de fóra de Galicia

Feijóo destaca as capacidades do sector tecnolóxico galego e a súa apertura ao exterior, que fai que o 50% da súa facturación proveña de fóra de Galicia

 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe as capacidades do sector tecnolóxico galego e a súa apertura ao exterior, que fai que o 50% da súa facturación proveña de fóra de Galicia.

A Amtega, a Fegamp e o CPEIG poñen á disposición dos concellos unha ordenanza tipo para axilizar a implantación da administración electrónica

A Amtega, a Fegamp e o CPEIG poñen á disposición dos concellos unha ordenanza tipo para axilizar a implantación da administración electrónica

Os concellos galegos teñen desde hoxe á súa disposición a Ordenanza de Administración Electrónica para a Administración Municipal, unha ferramenta tipo para para facilitar ás entidades locais o regulamento dos procedementos telemáticos. Este modelo de ordenanza foi elaborado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Os axentes galegos do software libre colaboran coa Amtega en preto to 30% das accións do plan Floss da Xunta de 2015

Os axentes galegos do software libre colaboran coa Amtega en preto to 30% das accións do plan Floss da Xunta de 2015

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinou esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre galego, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas

O Centro Demostrador TIC da Amtega ofrece un seminario ás empresas do sector turístico para optimizar a súa presenza en internet

O Centro Demostrador TIC da Amtega ofrece un seminario ás empresas do sector turístico para optimizar a súa presenza en internet

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 21 de maio o seminario “Potencia a web do teu establecemento turístico e convértea no teu mellor comercial” (https://cdtic.xunta.es/potencia-a-web) que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas.

Os fogares galegos con conexión a internet de banda larga incrementáronse un 50% no período 2010-2014

Os fogares galegos con conexión a internet de banda larga incrementáronse un 50% no período 2010-2014

Un 69,1% dos fogares de Galicia están conectados á Rede mediante banda larga, un 8% máis que en 2013, o que sitúa á Comunidade a catro puntos da media estatal. Os últimos datos do INE sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2014 constatan que nos últimos catro anos se incrementaron en preto dun 50% os fogares galegos que contan co servizo de banda larga contratado. En 2010, ano no que arrancaba o Plan de Banda Larga da Xunta, a porcentaxe de fogares con internet contratado era do 46,5%.

Declaración institucional con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Declaración institucional con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Neste Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, Galicia festexa a xornada por partida dobre, é o día da cultura galega e o día da rede de redes. Unha data para conmemorar, facer balance e sinalar novas metas.

Hai un ano anunciabamos que o 25 de xullo se activarían os primeiros dominios .gal. Tras oito anos de traballo, Galicia tiña por fin nome propio na rede. Una iniciativa que contou co apoio da Xunta no marco das actuacións da primeira Axenda Dixital de Galicia, aprobada catro anos antes cun nome que resultou premonitorio: 2014.gal.

O Proxecto Stamar achega as últimas novidades tecnolóxicas galegas ao sector naval

O Proxecto Stamar achega as últimas novidades tecnolóxicas galegas ao sector naval

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), en colaboración coa Asociación Clúster do Naval Galego, vén de celebrar, no marco do Proxecto STAMAR, dous workshops de divulgación e transferencia tecnolóxica orientados ao eido naval.

Os pasados día 14 e 15 de maio arredor de 30 empresas do sector tiveron a oportunidade de coñecer as últimas innovacións – potencialmente aplicables a súa área – dispoñibles en Galicia. Os workshops foron organizados en Vigo e Ferrol, cidades nas que se concentran os dous focos de produción naval da Comunidade.