O CDTIC da Amtega convoca startups e emprendores a un encontro coa multinacional IBM o vindeiro 29 de abril

O CDTIC da Amtega convoca startups e emprendores a un encontro coa multinacional IBM o vindeiro 29 de abril

Startups, emprendedores e universitarios poderán coñecer de primeira man a tecnoloxía de IBM e o seu programa de apoio ao emprendemento. O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 29 de abril o encontro coa multinacional na xornada “Se tes unha idea, queremos traballala contigo” (https://cdtic.xunta.es/xornada-ibm), que se desenvolverá en horario de 16.00 a 20.00 horas.

A Xunta concentra todo o seu fondo editorial na Libraría Institucional de Galicia, un novo servizo para a cidadanía

A Xunta concentra todo o seu fondo editorial na Libraría Institucional de Galicia, un novo servizo para a cidadanía

 O conselleiro de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e maila directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira, presentaron a Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma virtual na que por primeira vez a Administración autonómica concentra todo o seu fondo editorial e pono á disposición do conxunto da cidadanía e das librarías.

O Igape pon en marcha un sistema de alertas sobre oportunidades de negocio internacionais para empresas TIC

O Igape pon en marcha un sistema de alertas sobre oportunidades de negocio internacionais para empresas TIC

O Igape, no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza ACEint, pon á disposición das empresas e emprendedores galegos un servizo de vixilancia tecnolóxica para a xeración de alertas sobre oportunidades de negocio dirixido especialmente ás empresas do sector TIC orientadas a mercados internacionais.

A Amtega selecciona as 10 aulas da rede CeMIT nas que se pon en marcha o proxecto CeMIT-Innova

A Amtega selecciona as 10 aulas da rede CeMIT nas que se pon en marcha o proxecto CeMIT-Innova

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Fundetec vén de seleccionar os 10 centros piloto da rede CeMIT que participarán no proxecto de Innovación Social Dixital, CeMIT-Innova. Este proxecto busca resolver retos locais ligados á educación, á saúde ou ao emprego, entre outros, a través de iniciativas cunha base tecnolóxica deseñadas polos cidadáns e axentes locais.

Arranca a campaña "1 mes, 1 profesión dixital", impulsada polo CPEIG en colaboración coa Amtega

Arranca a campaña "1 mes, 1 profesión dixital", impulsada polo CPEIG en colaboración coa Amtega

 A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, inauguraron hoxe a xornada de presentación da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital, “1 mes, profesión dixital”.

O Cesga incorpórase á Rede Española de Supercomputación

O Cesga incorpórase á Rede Española de Supercomputación

 O director da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria e presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Manuel Varela, participou esta mañá na primeira reunión do Consello da Rede Española de Supercomputación (RES), á que se veñen de incorporar cinco novos nodos, entre os que se atopa o Finis Terrae II do Cesga, que participou activamente na organización e constitución desta nova RES ampliada.

A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia da Comunidade de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital

A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia da Comunidade de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital

 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe na rolda de prensa do Consello a aprobación da nova Axenda Dixital 2020, co maior investimento en TIC da historia da Comunidade -1.550 millóns de euros-, e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital.

A primeira xornada do Proxecto Stamar achega ás PEMES pesqueiras solucións tecnolóxicas para mellorar a súa competitividade

A primeira xornada do Proxecto Stamar achega ás PEMES pesqueiras solucións tecnolóxicas para mellorar a súa competitividade

A presentación de solucións tecnolóxicas relacionadas coa xestión pesqueira será o obxectivo da xornada que acollerá o vindeiro mércores, 6 de maio, o Centro Demostrador TIC (CDTIC) de Galicia.

A Xunta presenta o catálogo de solucións tecnolóxicas para as pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico

A Xunta presenta o catálogo de solucións tecnolóxicas para as pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico

Santiago acolleu hoxe a presentación do BAT (Best Available Tecnologies), un catálogo coa selección das tecnoloxías máis relevantes e dispoñibles para as empresas do sector marítimo do Espazo Atlántico europeo. A elaboración deste inventario tecnolóxico con 29 produtos e servizos TIC de cinco países é unha das medidas previstas no proxecto europeo STAMAR, que ten como obxectivo mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo.

O Sergas renova o equipamento de alta tecnoloxía sanitaria para as áreas de diagnóstico por imaxe e medicina nuclear dos hospitais galegos

O Sergas renova o equipamento de alta tecnoloxía sanitaria para as áreas de diagnóstico por imaxe e medicina nuclear dos hospitais galegos

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a renovación do equipamento de alta tecnoloxía para o diagnóstico pola imaxe e a medicina nuclear de todos os hospitais públicos de Galicia. En concreto, os equipos que se renoven serán os de tomografía computerizada, resonancia magnética, mamógrafos, salas de raios dixitais, radioloxía vascular e neurorradioloxía —dentro do diagnóstico pola imaxe— e de PET e gammacámaras —destinados a medicina nuclear—.