O programa BIC i-TEAMS de Economía e Industria nace para fomentar os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica

O programa BIC i-TEAMS de Economía e Industria nace para fomentar os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), vai poñer en marcha o Programa BIC i-TEAMS, deseñado para axudar a innovar ás empresas galegas de base tecnolóxica e recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma de nova proposta de produto ou servizo innovador.

Rueda inaugura por videoconferencia cos alcaldes de Santiago, Bande e Barreiros as aulas Cemit destes concellos

Rueda inaugura por videoconferencia cos alcaldes de Santiago, Bande e Barreiros as aulas Cemit destes concellos

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe pola maña as aulas CeMIT dos concellos de Santiago, Bande e Barreiros, a través dunha videoconferencia cos alcaldes destes tres municipios, Gerardo Conde Roa, José Antonio Armada e Alfonso Fuente Parga. No acto tamén estiveron presentes os delegados territoriais da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e Lugo, Raquel Arias, así como o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, e a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira.

Igualdade estrea un servizo xurídico online para mulleres e vítimas de violencia

Igualdade estrea un servizo xurídico online para mulleres e vítimas de violencia

A Secretaría Xeral da Igualdade pon desde hoxe en funcionamento un servizo de asesoramento xurídico online, accesible a través do seu portal web Mulleres en Galicia www.mulleresengalicia.es, onde se ofrecerá información personalizada e gratuíta ás persoas usuarias, concebido como unha ferramenta moi útil considerando que un asesoramento axeitado constitúe o primeiro paso para saír dunha situación de violencia de xénero.

Mar Pereira: "Investir en novas tecnoloxías redundará nunha mellora a nivel produtivo e económico para Galicia"

Mar Pereira: "Investir en novas tecnoloxías redundará nunha mellora a nivel produtivo e económico para Galicia"

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, clausurou hoxe a presentación do informe Galicia Sociedade Dixital, elaborado pola Fundación Telefónica. A responsable do departamento autonómico indicou que os últimos datos da sociedade da información referidos a Galicia sinalan que “avanzamos pero somos conscientes de que a posición de Galicia con respecto ao resto de comunidades non é a desexada”.

Ourense e Pontevedra acolleron hoxe o segundo seminario sobre informática xudicial organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática

Ourense e Pontevedra acolleron hoxe o segundo seminario sobre informática xudicial organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática

O hotel San Martin da capital ourensá acolleu esta tarde a xornada inaugural do seminario sobre Informática Xudicial, Peritaxe Técnico e Proba Electrónica organizado polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e financiado pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia. O seminario, que remata mañá, intégrase nun ciclo formativo que se iniciou en Lugo o pasado 15 de setembro, continua hoxe en Ourense e Pontevedra e rematará en Santiago en novembro.

Os empresarios xa poden presentar por vía telemática documentación para o Rexistro Xeral de Contratistas

Os empresarios xa poden presentar por vía telemática documentación para o Rexistro Xeral de Contratistas

A Consellería de Facenda, dentro do Plan Estratéxico 2010-2014 – Galicia 2020, aposta polo achegamento da Administración autonómica á sociedade e pola súa conversión nunha administración máis áxil, moderna e eficiente coa eliminación de barreiras e trámites.

Máis de 40 técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías de 24 concellos participan mañá na Coruña e Vilagarcía nunha xornada formativa organizada por Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións

As aulas CeMIT de A Coruña e Vilagarcía acollen mañá unha xornada formativa destinada aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías. Na xornada, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, participarán 44 profesionais de 18 concellos da provincia da Coruña e 6 da de Pontevedra.

Por primeira vez máis da metade dos fogares galegos están conectados a internet a través da Banda Larga

Por primeira vez máis da metade dos fogares galegos están conectados a internet a través da Banda Larga

Os últimos datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das tecnoloxías da información e comunicación nos fogares en 2011 indican que Galicia mantén unha evolución positiva da penetración das TIC entre os galegos pero a súa posición no contexto autonómico no é a desexada.

A aula Cemit de Ourense acolle hoxe unha xornada formativa para técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías organizada por Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións

A aula Cemit de Ourense acolle hoxe unha xornada formativa para técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías organizada por Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións

A aula CeMIT de Ourense acolle esta mañá unha xornada formativa destinada aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías. Na xornada, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, participarán 22 profesionais de 20 concellos da provincia de Ourense.

Máis de cento setenta persoas participaron no curso de creación de videoxogos da rede CeMIT

Máis de cento setenta persoas participaron no curso de creación de videoxogos da rede CeMIT

As aulas CeMIT de quince localidades galegas acolleron dende o pasado 26 de setembro aos máis de cento setenta asistentes ao curso de creación de videoxogos da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). A través da actividade, que forma parte do Plan de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer os segredos que rodean a este sector en Galicia.