A Xunta celebra mañá en Ourense a terceira xornada formativa en software libre para os axentes dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica
A Xunta celebra mañá en Ourense a terceira xornada formativa en software libre para os axentes dos Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica
A aula CeMIT de Ourense acolle mañá, mércores 21, a terceira xornada formativas provincial sobre software libre dirixidas aos axentes TIC, os profesionais que se ocupan das 94 aulas que integran a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta (CeMIT). Estes seminarios comezaron o luns en Santiago, celébranse hoxe en Lugo e rematarán o xoves en Vigo.