O consello de administración de Retegal noema a Miguel Rodríguez Quelle como director xerente

O Consello de Administración do operador público Retegal, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de nomear como director xerente a Miguel Rodríguez Quelle, licenciado en Enxeñaría de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo, na especialidade de Telemática, e Máster en Bussines Administration pola Escola de Negocios de Caixa Galicia.

A campaña da Amtega e o CPEIG '1 mes 1 profesión dixital' continua en maio cunha xornada centrada nos contidos dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), organizan para o vindeiro luns 25 a xornada Faite profesional dixital dos contidos dixitais. O encontro, enmarcado na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, desenvolverase na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Conde destaca que a nova app de realidade virtual do Mercado de Santiago contribuirá a reforzar o seu atractivo turístico

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a nova app de realidade virtual do Mercado de Santiago contribuirá a reforzar aínda máis o atractivo turístico desta infraestrutura tras a súa remodelación. Realizada polo CIS Galicia, que ten entre os seus obxectivos achegar estas tecnoloxías aos sectores estratéxicos da economía galega, a ferramenta presentada hoxe, coincidindo coa campaña Quere o teu mercado, permite realizar un paseo virtual pola praza e percorrer os seus recunchos desde calquera dispositivo Android.

O CDTIC da Amtega acolle este xoves un seminario sobre os aspectos máis relevantes para deseñar unha aplicación de éxito

Este xoves, 28 de maio, o Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá o seminario “Como crear unha app e non morrer no intento: que cousas debo coñecer e erros frecuentes” (https://cdtic.xunta.es/crear-app), que se desenvolverá en horario de 17.00 a 19.00 horas.

A Amtega convoca a VIII edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca un ano máis o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, que vai xa pola súa VIII edición. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e a posibilidade de outorgar un segundo premio de 750€, se o xurado o considera adecuado pola calidade dos proxectos presentados.

Conde salienta que a mobilización de 200 millóns en apoio ás TICs coloca o sector como columna vertebral da industria 4.0 en Galicia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que a mobilización de 200 millóns de euros en apoios da Xunta ás TICs durante os últimos anos teñen colocado ao sector como columna vertebral da implantación da Industria 4.0 en Galicia.

A primeira estratexia TIC da Xunta mobilizou 1.275 millóns de euros en seis anos que permitiron acadar unha administración máis próxima, impulsar a dixitalización empresarial e estender a banda larga

O Goberno galego mobilizou no período 2009 - 2014 un total de 1.275 millóns de euros, entre capital público e privado, na execución da estratexia tecnolóxica 2014.gal, a primeira Axenda Dixital de Galicia. Así o destacou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira, na presentación do Balance da Axenda Dixital no Pleno do Observatorio para a Sociedade da Información (Osimga), celebrado hoxe en Santiago.

O vindeiro 3 de xuño o Centro Demostrador TIC acolle a presentación dunha plataforma en liña especializada no ámbito da formación

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o día 3 de xuño unha sesión demostradora que leva por título “Wekab.com: contas cos mellores formadores?” (https://cdtic.xunta.es/WeKAb-centros-formacion) que se desenvolverá en horario de 10.00 a 11.30 horas.